miércoles, 2 de noviembre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR PROVINCIAL










6ª Xornada de liga no municipal de Redondela.

O equipo local chegaba novamente con importantes baixas ó encontro contra o equipo visitante segundo na táboa ( Moañeses Celestes), o que non lle impediu empezar  mandando no marcador.

Nun partido de alta intensidade por parte dos dous equipos , que chegaba  1-1 a dous minutos do descanso, so o colexiado foi quen de decantar o marcador, pitando un dobre penalti inexistente  a falta dun minuto, que converterían os de Moaña, para ires con vantaxe ó descanso. Así  1-2 chegábase ó  descanso.

Con moitas ganas saian os redondeláns , que foron quen de empatar o partido mediada a segunda metade. Con alto ritmo seguía o encontro,  con ocasións para ámbolos  equipos,  ata que a balanza do gol declinouse a favor dos visitantes cun gran erro defensivo dos redondeláns.

Ata o final do encontro, e por moita perseveranza que puxeron ós locais, un gol máis para cada equipo fixo que os 3 puntos non quedasen na casa dun Redondela f.s . que mereceu máis, pero 3-5 foi resultado co que concluíu o encontro.

Pablo Rivera.

Cronica do Adestrador de Xuveniles







 SOBRAOS F.S – REDONDELA F.S    3-1

Partido xogado o domingo no pavillón de S.Salvador.

Non comezaba moi ben o partido de cara para os redondeláns xa que chegaban con varias baixas, e o longo do partido sufrirían algunha máis,aínda así os rapaces xogaron un bo partido.
O equipo Sobraos f.s. comezaba presionado moi arriba e dificultando moito a saida dos redondeláns. Asi foi que pouco tardaron en marcar o primeiro gol. Por sorte en poucos minutos coseguiamos o empate nunha boa contra.A primeira metade remataba co resultado de 1-1.
A segunda metade foi cando o equipo de Redondela comezou a notar o cansancio e a falta de xogadores permitindo o seu rival chegar con facilidade. Faltando poucos minutos para o remate o equipo local logrou adiantarse no marcador. O resultado final foi de 3-1.


Roberto Lago


miércoles, 26 de octubre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR PROVINCIAL

5ª Xornada de liga no municipal de Cuntis.

Partido duro entre de C.D. Cuntis e o Redondela F.S .. Os visitantes chegaban outra vez mermados polas baixas cubertas novamente por  tres  xuvenís, o cal non lle impediu empezar o  encontro dominando o xogo, pero sen finalizar  as ocasións, o que si fixeron os visitantes,  para  adiantárense  no marcador ós 10 minutos , e sumar un segundo tanto dous minutos despois, o cal sumado o mal arbitraxe levou  os nervios nos rapaces redondeláns, ata chegar ó descanso 3-0  para os locais.

A segunda parte do encontro non empezaba mellor para os visitantes, permitindo un xogo excesivamente duro dos locais, e expulsando a un xogador redondelán no comezo da segunda metade, o arbitro mostrábase demasiado caseiro.  Así e todo o Redondela intentou mediante a presión achegarse no marcador, pero as ocasións creadas non se materializaban no ansiado  gol.

 O cansancio  pola  falta de cambios, e o risco de presionar  para  acurtar  distancias, permitiron dous goles máis para os locais  nos minutos finais desta segunda parte. Así  5-0 remataba o encontro.

Pablo Rivera.

Crónica do adestrador de Xuveniles


                                             REDONDELA F.S – UNIÓN F.S


Partido xogado no pabellón de Redondela.
Bo partido xogado polo equipo de Redondela que durante prácticamente todo o tempo mantiveron a posesión do balón, excepto nalguns erros defensivos.
O partido comezaba moi ben, xa que nos primeiros minutos o equipo de Redondela conseguía adiantarse no marcador cun gol de Borja, ainda que o seu rival non tardaría moito en darlle a vollta o marcador. Ainda que sufrindo conseguiriase chegar o descanso cun resultado de 2-2.
A segunda metade comezaba como a primeira,solo que desta vez os redondelans conseguirían adiantar a sua vantaxe ata  conseguir o resultado final de 6-4.


                                                                                                                                   Roberto Lago.

miércoles, 19 de octubre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR PROVINCIAL





C.F.S. REDONDELA - COGAL RODEIRO F.S




3ª  Xornada de liga no municipal de Redondela.

Partido lento en ataque e frouxo  en defensa dos locais, o que provocou, que o equipo visitante( Cogal Rodeiro),  se puxese por diante no marcador, e aumentase a súa vantaxe ata  poñerse 1-3 antes de chegar ó descanso do encontro sen mostrar  un xogo demasiado vistoso.

Por outra parte, a mala sorte e os paus encargáronse de que o Redondela non materializase a un par de tantos mais, e así 1-3 chegaríase ó descanso.

A segunda parte, cun equipo, o redondelán, fundido fisicamente polas baixas que   o asolaban  ( cubertas  por 3 xuvenís ), onde  a  defensa  era a liña máis mermada, mostrouse de cara  para os visitantes  que xogaron a pracer, mentres a sorte de cara a gol seguía a darlle as costas os redondeláns que ían baixando os brazos, antollábase cada vez mais doado para os visitantes grazas entre outras cousas a despides na zaga local, e así cun avultado 1-9 remataba o encontro.

Pablo Rivera