C.F.S. REDONDELA - COGAL RODEIRO F.S
3ª Xornada de liga no municipal de Redondela.
Partido lento en ataque e frouxo en defensa dos locais, o que provocou, que o equipo visitante( Cogal Rodeiro), se puxese por diante no marcador, e aumentase a súa vantaxe ata poñerse 1-3 antes de chegar ó descanso do encontro sen mostrar un xogo demasiado vistoso.
Por outra parte, a mala sorte e os paus encargáronse de que o Redondela non materializase a un par de tantos mais, e así 1-3 chegaríase ó descanso.
A segunda parte, cun equipo, o redondelán, fundido fisicamente polas baixas que o asolaban ( cubertas por 3 xuvenís ), onde a defensa era a liña máis mermada, mostrouse de cara para os visitantes que xogaron a pracer, mentres a sorte de cara a gol seguía a darlle as costas os redondeláns que ían baixando os brazos, antollábase cada vez mais doado para os visitantes grazas entre outras cousas a despides na zaga local, e así cun avultado 1-9 remataba o encontro.
Pablo Rivera
No hay comentarios:
Publicar un comentario