viernes, 30 de agosto de 2013




Venres día 30 a nosa categoria de cadetes comezaran os entrenos de pretemporada a partir das 19.00 horas no Municipal de Redondela.

Sábado a partir das 19.00 horas no Municipal de Redondela a categoría de autonómica disputará o seu segundo partido de pretemporada,esta vez será ante o Bembrive.

1 partido pretemporada do equipo de autonómica

UNHA PRIMEIRA PARTE QUE INVITA Ó OPTIMISMO
Leis 4- Redondela 2

Primeiro encontro amigable desta pretemporada para os redondeláns. Como rival o Leis, equipo que esta tempada volverá a competir na terceira división galega.

Sairon moi fortes os visitantes, quizás no primeiro tempo, notouse físicamente a semana a maiores que levan os de Redondela de traballo. Ainda así serían os pontevedreses cun rebote nun córner os que inaugurarían o marcador. A boa defensa do Redondela e por momentos unha posesión alta do balón, faría que lle deran a volta o marcador para retirarse coa ventaxa de 1-2 o descanso.

A segunda parte sería totalmente distinta, tres minutos desastrosos, faría co Leis, volteara o marcador con tres goles consecutivos e se fixera dono único do encontró, con Raúl Jiménez como maestro de ceremonias.

Ó final 4-2 e moitas conclusións que sacar. O obxectivo principal e dar continuidade o xogo desplegado na primeira parte, e non perder a concentración en ningún momento, xa que os rivais, independentemente da categoría non perdoan.