martes, 28 de junio de 2011

XXXVII MUNDIALITO DA XUNQUEIRA

Onte ás 21.00horas realizábase o sorteo do XXXVII Mundialito da Xunqueira na Cafetería Aifos de Redondela.
Cun total de 26 equipos sénior, tres equipos femininos e catro equipos de cadetes, unha vez máis demóstrase que o Futbol Sala triunfa en Redondela.
O Campeonato comezará o dia 29/01 a partires das 20.30h cos seguintes horarios:


DIA 29
20.30H GRUPO A : CASA PACO - CHAN DE AMOEDO
21.00H GRUPO A: CARALLAN-DEGAL S.MARCOS
21.30H GRUPO A: REDONTUR - CABEIRO
22.00H GRUPO B : NIKOL - ASESORIA AMOEDO

DIA 30
20.30H GRUPO B: CAF.NA LUA- CONSTRUC Y REFORM.ARCADE
21.00H GRUPO C: PABLO - MODAUTO
21.30H GRUPO C: CLAN - CAF.DONNA
22.00H GRUPO D: CAF.ROYAL PICASSO - TRASMAÑO

DIA 01
20.30H GRUPO D: OS FOGUETES - PARIO LA ABUELA
21.00H GRUPO E: AGROCAR-MVGMG009SL
21.30H GRUPO E: AKBA2 - MAPACHE
22.00H GRUPO A: CARALLAN - CASA PACO

Os horarios dos seguintes días estarán expostos na pista da Xunqueira a partires do primeiro día de Torneo.
Que teñades moita sorte, disfrutade e  XOGO LIMPO!!!!
Dende a Directiva queremos agradecervos a vosa ilusión e participación un ano máis.

miércoles, 8 de junio de 2011

NORMAS XERAIS


XXXVII MUNDIALITO DA XUNQUEIRA

CONCELLO DE REDONDELA
DO 29 DE XUÑO ATA O 30 DE XULLO

1.    A Organización non se fará responsable de posibles lesións, e a participación neste campionato supón a completa aceptación desta norma.

2.    Para considerarse inscrito, o equipo deberá entrega-la folla de inscripción, as autorizacións necesarias para os menores de idade, aboa-la inscripción e entrega-las fotocopias dos D.N.I. ou fichas dos xogadores e delegado.

3.    Cada equipo poderá inscribir un máximo de DOCE xogadores e un mínimo de SETE.

4.    So poderán xogar no torneo os xogadores asignados na folla de inscripción, non se poderá trocar nin inscribir ningún xogador unha vez que o equipo xogue o primeiro partido.

5.    As idades das categorías son as seguintes:
Sénior masculino 
Sénior femenino
Cadete masculino

6.    Os dorsais dos xogadores asignados na folla de inscripción non se poderán variar  en ningún caso durante a competición.

7.    Agardarase un máximo de cinco minutos para comenza-lo partido. A non presentación dun equipo sancionarase coa eliminación do torneo e a pérdida da fianza. Se xa xogou algún partido o resultado mantendrase (tanto se gañou como se perdeu) e se quedáballe algún partido por disputar daráselle por gañado o equipo contrario por un resultado de 3-0.

8.    Para establece-la clasificación final dun grupo, no caso de empate a puntos entre dous ou mais equipos, aplicaranse os seguintes criterios na orde que se citan, sempre e cando fosen necesarios empregalos todos.


A.      Clasificación particular obtida únicamente cos resultados establecidos entre estes equipos.
B.      Diferencia entre os goles a favor e os goles en contra nesa clasificación particular.
C.      Maior número de goles a favor na clasificación particular.
D.      Punto B aplicado á clasificación xeral.
E.      Punto C aplicado á clasificación xeral.
F.      Sorteo.

9.    Os partidos terán unha duración de 2 tempos de 14 minutos.

10. Por partido gañado otorgaránse 3 puntos e 0 por partido perdido. No caso de empate 1 punto para cada equipo.


       PRIMEIRA FASE

11. Estableceránse 4 grupos de 6 equipos que xogarán por sistema de liga a unha soa volta, pasando á 2ª fase os catro primeiros de cada grupo.
     Os grupos e os sistemas clasificatorios dependerán do número de equipos que se inscriban no torneo.

       SEGUNDA FASE

            12.  Estableceranse 4 grupos de 4 equipos que xogarán por sistema de liga a unha soa volta, pasando a cuartos de final os dous primeiros de cada grupo
       .
                           
SEMIFINAIS, 3º E 4º POSTO E FINAL FEMININA
13.  Haberá 2 tempos de 20 minutos e un descanso de 5 minutos.
14.  No caso de empate haberá unha prorroga de 5 minutos, e no caso de persisti-lo empate, haberá un mínimo de tres lanzamentos ata o primeiro erro dun dos equipos.

 FINAL
     15. Haberá dous tempos de 20 minutos e un descanso de 5 minutos.

16. No caso de empate aplicarase o punto 14.




NOTA:
Disporase de 15 días dende o remate do torneo para recolle-las fianzas na Cafeteria Aifos de Redondela.