miércoles, 30 de marzo de 2011

XXX MARATON SEMANA SANTA

Onte comezou o prazo de inscripcións para o Torneo Semana Santa ós días 21, 22 e 23 de Abril.

Os interesados pódense poñer en contacto coa Cafetería Aifos (Redondela), ou chamando os números 986 404040 / 617259314

O día da final realizaráse un sorteo.

Animádevos a participar!!! 



Cronica do Adestrador


ERICHKRAUSE – REDONDELA F.S

CRÓNICA DO PARTIDO

Gran partido dos Redondeláns en Mos, donde se desquitaron dos malos resultados obtidos no último mes, no cal non puideron sacar nin un só punto e que os arrastraba ata a penúltima posición na táboa.
O equipo saía a pista moi concentrado, con moitas ganas de levalos tres puntos para Redondela e intentar soñar coa salvación que todavía non esta descartada por completo.
A pesar de xogar contra un bó equipo, xa se vía sobre o campo unha imaxe moi diferente as últimas semanas.
A pesar de comezar perdendo, conséguese remontalo partido e chegar ó descanso cun
1-2 a favor.
Cun gran esforzo físico, cunha defensa moi ordenada e con moita agresividade tapando moi ben as liñas de pase, conseguíase neutralizalas xogadas de ataque dos locáis.
Comezaba a segunda metade co equipo local moi volcado en ataque, algo que aproveitaron moi ben os de Manoliño e conseguían poñerse 2-4 facendo unha moi boa defensa e sorprende por completo o terceiro clasificado da categoría.
Os últimos 8 min. de partido, os de Mos saían con porteiro xogador e a piques estiveron de empatalo descolocando por momentos a defensa do Redondela, conseguindo algún gol que complicaba bastante o tramo final do partido.
Pódese dicir que o equipo aguantou moi ben a presión, e conseguía chegar ata ó final mantendo en todo momento un gol de diferencia no marcador.
O resultado final sería de 5-6.



                                                        
                                                                                                                Manuel Otero
                                                                                                                

domingo, 27 de marzo de 2011









REDONDELA FUTBOL SALA

AUTONOMICA SUR

FICHA TÉCNICA

ENCONTRO: REDONDELA F. S. – ERICHKRAUSE

LUGAR: PAVILLÓN OSCAR PEREIRO

DÍA: 26-03-2011

HORA: 16:00

RESULTADO: 6-5

XORNADA: 25ª

ALINEACIONS

REDONDELA F. S. FRANCISCO GONZALEZ, HECTOR FERREIRA, ALEXANDRE GOMEZ, JORGE ALONSO, BORJA RUA. E. INICIAL. YAGO FIGUEROA, IVAN LAGO, SANTIAGO QUEIMALIÑOS, JORGE CABANELAS, PABLO RODRIGUEZ.

GOLEADORES: 2- JORGE ALONSO, 1- FRANCISCO GONZALEZ, HECTOR FERREIRA, JORGE CABANELAS, PABLO RODRIGUEZ.

ERICHKRAUSE: SERGIO CARIDE, OSCAR RODRIGUEZ, ROBERTO SANCHEZ, JOSE C. LOMBAO, DAVID GOMEZ. E. INICIAL: PABLO PEREZ, JOSE M. BARRIO, OSCAR GUIAREIS.

GOLEADORES: 3- OSCAR RODRIGUEZ, 2- ROBERTO SANCHEZ.

ARBITROS: SANTIAGO TOJO GIL, JOSE LUIS ROCO SICUA. CRONOMETRADOR: JORGE ROCO GONZALEZ. COLEXIO: VIGO

AMONESTACIONS:

LOCAL: A. HECTOR FERREIRA, BORJA RUA.

VISITANTE: A: R: OSCAR RODRIGEUZ.

NOTA: O EQUIPO REDONDELAN FIGURA COMO LOCAL DEVIDO A QUE A PRIMEIRA VOLTA XOGARASE EN REDONDELA POR MOR DAS INSTALACIONS DO EQUIPO VISITANTE.

OS PUPILOS DE MANOLIÑO DASELLE MELLOR OS EQUIPOS DA ZOA ALTA DA TABOA E NON OS DA SUA LIGA, OS RESULTADOS SALTAN A VISTA.

REDONDELA FUTBOL SALA

LIGA LOCAL - XUVENIL 2ª

FICHA TÉCNICA

ENCONTRO: E. F. FLEMING – REDONDELA F. S.

XORNADA: 12ª

LUGAR: SAN SALVADOR (TEIS)

DIA: 26-03-2011

HORA: 09:45

RESULTADO: 1-5

ALINEACIONS

FLEMING: NICOLAS ACEBES, JAVIER NUÑEZ, MIGUEL NOVÁS, SERGIO RODRIGUEZ, CARLOS SILVEIRA, ADRIÁN CIBEIRA, DIEGO FIGUEIREDO, ANDRÉS FORNOS.

GOLEADORES: 1- JAVIER NUÑEZ.

REDONDELA F. S: PABLO MIGUEZ, JACOBO ALVAREZ, DAVID COMESAÑA, CRISTIAN AMORÍN, MIGUEL CABALEIRO, DANIEL RODRIGUEZ, FABIÁN VILLAR, SERGIO ALONSO, RICARDO ALFAYA, SERGIO CABALEIRO, CRISTIAN FIGUEROA.

GOLEADORES: 3- SERGIO ALONSO, 1- PABLO MIGUEZ, FABIÁN VILLAR.

TARXETAS

LOCAL: A R

VISITANTE: A R

ARBITROS: JOSE ACUÑA GONZALEZ. DELEGACION: VIGO

NOTA: O ENCONTRO CORRESPONDENTE A XORNADA 7ª APLAZADO CONTRA O EQUIPO AA.VV. A PAZ, XOGOUSE ESTE MERCORES NO SAN SALVADOR DE TEIS CO RESULTADO DE 3-6 FAVORABLE O EQUIPO REDONDELA F.S.

lunes, 21 de marzo de 2011

Cronica do Adestrador


OPEL FIMAUTO – REDONDELA F.S

CRÓNICA DO PARTIDO






O Redondela volvía xogar outra final para salvalo descenso, visitando Porriño con algunha duda en varios xogadores con problemas físicos.
O partido comezaba bastante mal, cando os locáis adiantábanse no marcador cun gran gol que nada pode facer o porteiro Naca.
A velocidade do balón era demasiado lenta, facilitando a colocación en defensa dos de Porriño pechando tódolos espazos e creando moitas dudas a hora de crear xogadas de ataque.
Con esta dinámica chegaríase ó descanso cun 2-0 no marcador.
A segunda metade comezaba co equipo local moi pechado en 10 metros e seguían sen aparecer os espazos que propiciara algunha xogada para poder cambiar o rumbo do partido. Pero os minutos pasaban e os de Manoliño non conseguían aproveitar ningunha das poucas ocasións que conseguían crear.
Nos últimos 5 min. os de Redondela intentan xogar con porteiro xogador pero non conseguen o seu obxetivo, e volven encaixar outro gol que rompe por completo o partido.
O resultado final sería un 3-0, que complica bastante as cousas para intentar saír dos postos de descenso.




                                                                                                       Manuel Otero