miércoles, 30 de marzo de 2011

Cronica do Adestrador


ERICHKRAUSE – REDONDELA F.S

CRÓNICA DO PARTIDO

Gran partido dos Redondeláns en Mos, donde se desquitaron dos malos resultados obtidos no último mes, no cal non puideron sacar nin un só punto e que os arrastraba ata a penúltima posición na táboa.
O equipo saía a pista moi concentrado, con moitas ganas de levalos tres puntos para Redondela e intentar soñar coa salvación que todavía non esta descartada por completo.
A pesar de xogar contra un bó equipo, xa se vía sobre o campo unha imaxe moi diferente as últimas semanas.
A pesar de comezar perdendo, conséguese remontalo partido e chegar ó descanso cun
1-2 a favor.
Cun gran esforzo físico, cunha defensa moi ordenada e con moita agresividade tapando moi ben as liñas de pase, conseguíase neutralizalas xogadas de ataque dos locáis.
Comezaba a segunda metade co equipo local moi volcado en ataque, algo que aproveitaron moi ben os de Manoliño e conseguían poñerse 2-4 facendo unha moi boa defensa e sorprende por completo o terceiro clasificado da categoría.
Os últimos 8 min. de partido, os de Mos saían con porteiro xogador e a piques estiveron de empatalo descolocando por momentos a defensa do Redondela, conseguindo algún gol que complicaba bastante o tramo final do partido.
Pódese dicir que o equipo aguantou moi ben a presión, e conseguía chegar ata ó final mantendo en todo momento un gol de diferencia no marcador.
O resultado final sería de 5-6.



                                                        
                                                                                                                Manuel Otero
                                                                                                                

No hay comentarios:

Publicar un comentario