REDONDELA FS PIERDE A FALTA DE 6´´
Xa avisaran durante a semana que o Redondela visitaría a cancha do líder sen nengún
tipo de complexo, e o que avisa non é traidor. Só 6´´ privaron de traerse al menos un punto
para a vila.
Os primeiros 10 minutos de partido o equipo redondelán non se atopou en ningún
momento cómodo na pista, e esto sumado a calidade individual dos locais, fixo que estes
puxeran terra de por medio cun 2-0 no luminoso. A partir de aquí e tras algún cambio táctico
nos dispositivos, os de Julio Mougán comezaron o ter a posesión do balón e achegarse con
perigo a meta mosense. Non se movería mais o marcador ata o descanso.
A segunda parte foi un partido totalmente distinto, o Redondela foi dono e señor do
esférico e fixo méritos para sacar algo positivo. Tamén é certo que os locais carentes de xogo
colectivo, basados sempre en situación individuais, chegaron en 3 ó 4 ocasións a meta de
Naka, pero o porteiro cuaxou un partido extraordinario e desbarataba calquer achegamento.
Froito do dominio redondelán Jorge acortaría distancias no minuto 3´desta segunda parte e no
16´Portillo nunca xogada trenzada empurraría no segundo palo para facer xustiza o que
acontecía no encontró. No minuto 17´chegaría unha xogada polémica, éralle anulado un gol o
Redondela porque o mesa dice que fixo soar o seu silbato ante o desexo de tempo morto do
banquillo redondelán. Os árbitros non se percataron e o xogo seguiu, pero tras consultar a
parella arbitral co mesa o gol foi anulado.
O A.Leiros C. Mos tería unha clara ocasión para poñerse por diante co lanzamento dun
10 mts, que Naka acertou a rechazar a corner.
A falta de 23´´ a posesión era redondelana, e as ansias de gañar o encontró, fan que lle
quede unha última posesión os locais, que nun rechace dun córner dende 10 mts, Siso
conseguería darlle os tres puntos os seus.
Unha magoa polo desenrolo do encontro, pero o colectivo sae reforzado e dase conta
de que poden competir con calquer equipo de manter este nivel.
Seguinte estación no Pavillón de Redondela ante outro oso da categoría, o colíder
T.ABC Vigo.