lunes, 19 de diciembre de 2011

Resultados desta fin de semana


Autonómica: Erichkrause 3 - Redondela F.S 2
Xuveniles: AAVV A Paz 1 - Redondela F.S 3
Benxamins: Arealonga 2 - Redondela F.S 2
Prebenxamins: Redondela B 1 - CCR Cabral 0
O partido de prebenxamins Redondela A aprazouse

jueves, 15 de diciembre de 2011

Festa de Nadal

O vindeiro venres 23/12 terá lugar a festa de nadal do club. Tódo-los que queiran poderán traer un xoguete (usado ou novo) para colaborar coa fundación "Amigos de Galicia".
Haberá "pinchos" para os asistentes e agasallos para os pequenos.
Tódo-los xogadores de todas as categorías,  deberán levar a equipaxe completa, xa que, faránse as fotos oficiais da tempada 2011- 2012.
Agardámosvos!!!!

Crónica do adestrador de Xuveniles


 Redondela f.s. 1 – Vigo Sur 3.

Partido disputado no municipal de Redondela.
As cousas non comezaban ben para o Redondela, xa que pouco despois de comezar o partido o equipo local recibía 2 goles case seguidos. Coa moral baixa pero con ganas de remontar, o redondela intentaría incomodar o porteiro do Vigo Sur, ainda que na primeira metade só conseguirían meter un gol.
No segundo tempo os xogadores do redondela non saían  moi confiados das súas posibilidades, é ainda que subiron as liñas de presión, e obtaron de boas ocasión non foron capaces de remontar o partido. Faltando 10 minutos o equipo visitante lograría marcar o terceiro tanto, e desta forma baixar de todo ánimos do equipo local.
O resultado final foi de 1-3.
                                                                                                                                             Roberto Lago.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Resultados desta fin de semana

Resultados desta fin de semana:
Autonómica: Redondela F.S 4 - Cereixa F.S 2
Xuveniles: Redondela F.S 1 - Vigo sur 3

miércoles, 7 de diciembre de 2011

CRÓNICA CONXUNTA DESTA FIN DE SEMANA

Semana do 03/12/2011

Mal fin de semana para o F.Sala Redondela, xa que, tódalas categorías perderon, excepto os xuveniles.

Na categoría Autonómica Sur, o F.S.R desplazábas ata O Porriño para xogar contra o Opel Fimauto, aínda que os de Noli comezaban o partido cunha vantaxe de 1-0 as cousas non acontecían como agardaban e na primeria metade, rematarían co marcador de 1-1 . No segundo tempo, as cousas continuaban do mesmo xeito, e a mala sorte dos redondeláns facía que finalmente, o Opel Fimauto gañase o partido cun 3-1.

Na categoría Provincial, o F.S.R xogaba contra o equipo "De Tapeo", aínda que o resultado final foi de 4-2 a favor do contrincante os nosos rapaces non se desanimaron dando unha boa imaxe durante case todo o partido.

Na categoría Xuvenil, o F.S.R desplazábase o Colexio Miralba (Vigo) para xogar contra o Miralba B. Os xuveniles xogaron con soltura e conseguiron un 0-11 o seu favor.

Na categoría Benxamín, o F.S.R xogaba no pabillón de Cabeiro contra o S.J.G Niño Jesús. O resultado final foi de 0-12, pese éste mal resultado notouse unha melloría no xogo dos locais respecto a outros partidos.

Na Categoría Pre-Benxamín o redondela A xogou contra o Martín Códax na bombonera e o resultado foi de 0-2. O Redondela B xogaba contra o C.Alba, en Vigo acadando un resultado de 3-0.

Noraboa os xuveniles polos resultados desta xornada, ánimo e a seguir mellorando ó resto dos equipos.


A Directiva.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Resultados desta fin de semana


Autonómica: Opel Fimauto 3 - Redondela F.S 1
Provincial: De Tapeo 4 - Redondela F.S 2
Xuveniles: C.D.Miralba B 0 - Redondela F.S 11
Bemxamins: Redondela F.S 0 - SJG Niño Jesús 12
Pre-Benxamins: Colegio Alba 3 - Redondela F.S 0
Pre-Benxamins: Redondela F.S 0 - Martín Codax A 2

viernes, 2 de diciembre de 2011

Programacion:

Programación desta fin de semana:

Autonómica: 03/12 ás 18.00h Opel Fimauto - Redondela F.S no P.de Porriño.
Provincial: 03/12 ás 19.30h De tapeo - Redondela F.S no P.Tenorio.
Xuveniles: 03/12 ás 13.00h C.D Miralba B - Redondela F.S no P.Miralba
Benxamins: 03/12 ás 13.00h Redondela F.S - SJG Niño Jesús no P.Cabeiro.
Pre- Benxamins: 03/12 ás 12.30h Colegio Alba- Redondela B no C.Alba.
Pre-Benxamins A: 03/12 ás 10.00h Redondela A - Martin Codax A no P.Redondela.

Cronica do Adestrador de Xuveniles


 Redondela f.s. 4 – Zamáns 1.

Partido xogado no pabillón de Reboreda (por falta de horarios en Redondela).
O equipo local saía con moitas ganas de conseguir gañar o partido e así poder olvidar os malos resultados obtidos ata o momento.
Todo comezaba ben para o equipo de Redondela xa que conseguía ter o dominio do balón e apenas deixaba que o equipo visitante chegara a sua portería. Na primeira metade non se conseguiría mover o marcador, ainda que se dispuxo de moitas ocasións.
A segunda metade comezaba igual que a primeira sólo que desta vez sí que o equipo local conseguiría o ansiado gol. O equipo visitante dispuxo de poucas ocasións, pero entre a defensa e o porteiro solventaronas con facilidade.
O resultado final foi de 4-1, e cunha boa imaxe do Redondela f.s.
                                                                                                                                             Roberto Lago.