miércoles, 7 de diciembre de 2011

CRÓNICA CONXUNTA DESTA FIN DE SEMANA

Semana do 03/12/2011

Mal fin de semana para o F.Sala Redondela, xa que, tódalas categorías perderon, excepto os xuveniles.

Na categoría Autonómica Sur, o F.S.R desplazábas ata O Porriño para xogar contra o Opel Fimauto, aínda que os de Noli comezaban o partido cunha vantaxe de 1-0 as cousas non acontecían como agardaban e na primeria metade, rematarían co marcador de 1-1 . No segundo tempo, as cousas continuaban do mesmo xeito, e a mala sorte dos redondeláns facía que finalmente, o Opel Fimauto gañase o partido cun 3-1.

Na categoría Provincial, o F.S.R xogaba contra o equipo "De Tapeo", aínda que o resultado final foi de 4-2 a favor do contrincante os nosos rapaces non se desanimaron dando unha boa imaxe durante case todo o partido.

Na categoría Xuvenil, o F.S.R desplazábase o Colexio Miralba (Vigo) para xogar contra o Miralba B. Os xuveniles xogaron con soltura e conseguiron un 0-11 o seu favor.

Na categoría Benxamín, o F.S.R xogaba no pabillón de Cabeiro contra o S.J.G Niño Jesús. O resultado final foi de 0-12, pese éste mal resultado notouse unha melloría no xogo dos locais respecto a outros partidos.

Na Categoría Pre-Benxamín o redondela A xogou contra o Martín Códax na bombonera e o resultado foi de 0-2. O Redondela B xogaba contra o C.Alba, en Vigo acadando un resultado de 3-0.

Noraboa os xuveniles polos resultados desta xornada, ánimo e a seguir mellorando ó resto dos equipos.


A Directiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario