martes, 30 de noviembre de 2010

XOGA E FÁLAO

XOGA E FÁLAO, da mañá á noite

Nova campaña de normalización lingüística do Concello de Redondela
A Piscina Municipal de Redondela acolleu este mediodía a presentación da nova
campaña para normalizar o uso da lingua galega no ámbito deportivo, promovida pola
Concellaría de Normalización Lingüística.
Ao acto de presentación asistiron a Concelleira, Ánxeles Babarro, o director da piscina
municipal, José Bamio, traballadoras deste centro deportivo, e varios representantes dos
clubs deportivos Redondela Fútbol Sala e Club Deportivo Cesantes



O deseño deste proxecto comezou no mes de outubro coa convocatoria do concurso de
carteis que serve de soporte publicitario da mesma, e estivo apoiado en comunicacións a
todas as entidades e clubs deportivos redondeláns para que se sumasen á iniciativa.

Nunha primeira fase a campaña divulgarase a través de diferentes soportes que farán
visible o lema XOGA E FÁLAO, DA MAÑÁ Á NOITE, que estará presente en carteis,
trípticos divulgativos de léxico dos deportes, viseiras, bolsos porta zapatillas, e camisolas
para o persoal da Piscina Municipal (tanto de recepción como dos monitores da piscina e
das distintas especialidades deportivas que se imparten no centro). Ademais, nestas
instalacións o lema principal da campaña estará apoiado nun convite moi axeitado para as
persoas usuarias da piscina: MERGÚLLATE!, que divulgarán tamén para promover entre
a poboación este deporte acuático.

A partir deste desenvolvemento inicial a campaña espallarase por todas as entidades e
clubs deportivos do concello que queiran apoiala. Nestes comezos xa teñen confirmada a
súa adhesión a este programa o Club Deportivo Choco, Club Redondela Fútbol Sala,
Redondela Escola de Fútbol Base, Club de Remo Chapela, Club Balonmán Chapela,
Sociedade Atlética Redondela (SAR), Club Deportivo Cesantes, Club Patinaxe Artística
Bolboreta e Club de Tenis Redondela.

A campaña desenvolverase durante todo o ano 2011 e o obxectivo é que o deporte
redondelán “fale galego”, que a nosa lingua estea presente en todas as comunicacións
orais e escritas que produzan as entidades participantes: entradas, carteis, megafonía,
regulamentos, estatutos, páxinas web e blogs dos clubs, competicións ou publicidade, e
que utilicen a lingua galega como lingua habitual, para que os hábitos saudables da
poboación incidan tamén na saúde da nosa lingua propia.

Para iso o Servizo de Normalización Lingüística colaborará con todas elas para
axudarlles a desenvolver unha verdadeira promoción da lingua galega, facéndolles
correccións e traducións, e facilitándolles a confección de páxinas web ou blogs nos que
poidan divulgar as súas actividades.

lunes, 29 de noviembre de 2010

REDONDELA F.S.-A QUINTA XESTIÓN






CRÓNICA  DO PARTIDO:

O equipo local comezou o partido cun ritmo moi lento de circulación do balón,o que permitíu o equipo visitante xogar moi cómodo e fácil, recuperando balóns sen facer ningún esforzo. A baixa agresividade, tanto defensiva como en ataque, permitíu chegar o descanso co marcador 0-0.

O inicio da segunda parte o noso equipo tubo un pequeno cambio de actitude, pero so durou uns 10 minutos, onde o Redondela conseguíu adianterse no marcador.

A ventaxa durou pouco tempo, e a partir de ahí o Redondela non foi capaz de volver a marcar, a pesar de ter boas ocasións. O remate incluso se chegou a xogar de 5 pero sen éxito.
 Resultado final 1-4.








O entrenador.

Manuel Otero Martínez.

domingo, 28 de noviembre de 2010




REDONDELA FUTBOL SALA

AUTONOMICA SUR

FICHA TÉCNICA

ENCUENTRO: REDONDELA F. S. – A QUINTA XESTION

LUGAR: PAVILLON MUNICIPAL DE REDONDELA

DÍA: 27 DE NOVEMBRO DO 2010

HORA: 16:30

RESULTADO: 1-4

JORNADA: 11ª

ALINEACIONS

REDONDELA F. S. FRANCISCO GONZALEZ, SAUL ALFONSO, ALEXANDRE GOMEZ, BORJA RUA, JORGE ALONSO. E. INICIAL.DIEGO LAGO, JORGE CABANELAS, YAGO FIGUEROA, SANTIAGO RUIZ TESTA, IVAN LAGO.

GOLEADORES: 1- BORJA RUA

A QUINTA XESTION: RAIMUNDO ABALLE, ROBERTO VILA, MARIO PONTELA, JOSE LUIS, DIEGO SEARA. E. INICIAL: ROBERTO DA CUÑA, MANUEL VILA, ISAAC ESTEVEZ, JAVIER ROMERO, ALBERTO NOVOA, JOSE RODRIGUEZ.

GOLEADORES: 2- JAVIER ROMERO. 1- DIEGO SEARA, JOSE LUIS

ARBITROS: SERGIO ABILLEIRA POMAN Y RUBEN VARELA ORTIGUEIRA. CRONOMETRADOR: JESUS NOVAS SALGADO. COLEGIO: PONTEVEDRA

AMONESTACIONS: LOCAL: A.YAGO FIGUEROA Y FRANCISCO GONZALEZ. VISITANTE: A: ROBERTO VILA Y ISAAC ESTEVEZ R:


LAMENTABLE ACTITUD DO REDONDELA F. S.

NA BOMBONERA.

NON ESTIVERON OS XOGADORES REDONDELANOS A ALTURA DE OUTROS ENCONTROS ,NON SO A NIVEL DE XOGO SE NON A NIVEL DE IMAXE E ACTITUDE QUE ESTAMOS ACOSTUMADOS A PRESENCIAR, XA QUE É O PRINCIPAL OBXETIVO DESTE CLUB, ESPEREMOS QUE OS VINDEIROS DIAS, ENTRENADOR ,XOGADORES E A DIRECTIVA SE POÑAN AS PILAS PARA DETER A MALA IMAXEN DO EQUIPO E TOMEN CARTAS NO ASUNTO CANTO ANTES, POR QUE A NOSA AFICICON AINDA QUE POUCA PERO FIEL E O QUE RECLAMA CADA SABADO XA QUE ASÍ OS RESULTADOS CHEGARAN.

sábado, 27 de noviembre de 2010

FICHA TECNICA JUVENIL JORNADA 9º GRUPO A


REDONDELA FUTBOL SALA

LIGA LOCAL

XUVENIL GRUPO A

FICHA TÉCNICA

ENCONTRO: DISTER – F. S. REDONDELA

XORNADA: 9ª

LUGAR: PAVILLON MUNICIPAL DE COIA

DIA: 27-11-2010

HORA: 12:00

RESULTADO: 3-5

ALINEACIONS

REDONDELA F. S: CRISTIAN AMORIN, JACOBO ALVAREZ, CRISTIAN FIGUEROA, SSERGIO CABALEIRO, PABLO DOS SANTOS, DANIEL RODRIGUEZ, ESTEBAN SANTOS, RICARDO ALFAYA, MIGUEL CABALEIRO, FABIAN VILLAR.

GOLEADORES: 3- ESTEBAN SANTOS. 2- PABLO DO SANTOS.

DISTER: JUAN M, BRUNO PEDROSA, SEBASTIAN CAMACHO, DIEGO RIVERA, ALEJANDRO GARCIA, JAIME MARIAN, PABLO GONZALEZ, DANIEL FERNANDEZ.

GOLEADORES: 1- SEBASTIAN, DIEGO E ALEJANDRO.

TARXETAS

LOCAL: A JAIME MARIAN

VISITANTE: A FABIAN VILLAR

ARBITROS: FRANCISCO MARTINEZ SALOMON. DELEGACION: VIGO

OBSERVACIONS: MUY DISPUTADO O PARTIDO ENTRE AMBOS EQUIPOS CUN XOGO MOI IGUALADO. ADIANTOUSE O REDONDELA NA SEGUNDA CHEGADA O COMEZO DO PARTIDO QUE SERIA A TONICA DA EFECTIVIDAD CARA A PORTERIA DO EQUIPO RIVAL, ISTO SERIA DETERMINANTE PARA QUE O REDONDELA LEVARA OS TRES PUNTOS MOI MERECIDAMENTE. SEGUNDA VICTORIA CONSECUTIVA DO EQUIPO REDONDELAN QUE REMATA A LIGA DE ASCENSO A ESPERA DA CONFECCION DO CALENDARIO DO GRUPO “B” NA QUE PSICOLOXICAMENTE SAE MOI REFORZADO.