lunes, 22 de abril de 2013

Xunta extraordinaria

O Club Redondela Futbol Sala convida a tódo-los soci@s a unha XUNTA EXTRAORDINARIA o luns día 29 de Abril ás 21.00h no Multiusos da Xunqueira,para discuti-lo futuro do club.

IMPORTANTE Á ASISTENCIA.


                                                                                                                   A Directiva.

cronica poio 3- redondela 5







VICTORIA DE PESO PARA O REDONDELA FS



Tres puntos moi importantes os acadados onte na xornada matinal do domingo, no Pavillón Municipal de Poio. Os de Redondela foron quen de gañar por 3-5 ó Poio Fútbol Sala, nun dos partidos mais completos disputados ata agora, sobre todo a nivel defensivo.

O encontró poríase moi pronto de cara, Juan subía o primeiro gol no minuto 3 e Jorge no 11 daría certa tranquilidade ós seus co 0-2, pero a partir de aquí virían os peores momentos, en catro minutos os locais conseguirían empatar o encontró e marchar os vestiarios con tablas no marcador.

A segunda parte empezaba con dominio redondelán, pero a tónica xeral repetía-se, boa elaboración, chegadas continuas, pero a finalización seguía condenando a este equipo. O Poio nunha das escasas chegadas que tivo, aproveitou-se  e por primeira vez  porían-se por diante no luminoso (3-2). Faltaban dez minutos, e isto non puxo nerviosos os visitantes, todo o contrario, un minuto máis tarde, Miguel establecía de novo as tablas, e sería Dani pouco despois o que daría ventaxa os seus co 3-4.

A falla de catro minutos o técnico local optaría pola figura do porteiro xogador, perfecta a defensa redondelana, e Juan nun robuo na mesma, conseguiría dende a sua área o definitivo 3-5.

Esta victoria volve a supoñer un novo mérito esta tempada, quinta xornada consecutiva sen perder, trece puntos de quince posibles, e mellorar a clasificación da tempada, nestos momentos novenos a falla de tres xornadas, eso sí, con varios partidos de distintos equipos a disputar aprazados no seu momento.

Esta semana non haberá liga, o seguente partido será o festivo 1 de maio ante Abetos. Os de Redondela terán “minivacacións” ata o mércores polo bo traballo desenvolto nas últimas datas.

resultados semana 20-21 /04/2013


RESULTADOS DESTA SEMANA


CATEGORÍA
LOCAL
VISITANTE
RESULTADO
PREBENXAMÍN A
SJG NIÑO JESUS
REDONDELA FS
1-2
BENXAMÍN A
REDONDELA FS A
ANPABAL FC A
2-1
BENXAMÍN B
REDONDELA FS B
COL. MOSTEIRO
3-9
ALEVIN
REDONDELA FS
APOSTOL C
5-3
LIGA GALLEGA SUR
POIO FUTBOL SALA
REDONDELA FS
3-5

martes, 16 de abril de 2013

resultados semana 13-14 / 04 / 2013


FUTBOL SALA REDONDELA
RESULTADO DE ENCONTROS



CATEGORÍA
LOCAL
VISITANTE
RESULTADO
PREBENXAMÍN A
REDONDELA FS
CHAPELA CF
1-1
BENXAMÍN A
COUT. BEADE
REDONDELA FS
5-3
LIGA GALLEGA SUR
REDONDELA FS
GARCIAARAUJO.COM
2-1

crónica redondela fs 2 - garciaaraujo.com 1





 DEMASIADO SUFRIMENTO PARA VENCER



Ninguén diría que despois de ver o Redondela FS os primeiros vinte minutos deste encontró, rematarían pechados no seu campo pedindo a berros o remate do encontró.

O partido comezou co idéntico guión dos últimos encontros. Un  total dominio dos locais que volveron a disfrutar dunha exaxerada posesión do balón, fronte a un rival agazapado que bastante facía con intentar correr detrás do esférico. Froito deste dominio, Dani por partida doble poría un tranquilizador 2-0. Pero o que ten esta disciplina deportiva é que  no único achegamento visitante,a falla de 9’’,conseguirían reducir distancias e marcharse os vestiarios 2-1.

A segunda parte foi totalmente distinta, os redondeláns volveronse lentos e apáticos e ainda por encima, non foron quen de ampliar o marcador con varias ocasións de libro das que dispuseron. Os últimos dous minutos nunha boa decisión e valente os visitantes optaron pola figura de porteiro xogador e puideron incluso nun par de xogadas empatar al menos o choque. Finalmente o mellor do partido era que os tres puntos quedabanse na vila.

Despois da victoria ante garciaaraujo.com o Redondela FS acumula catro xornadas consecutivas sen perder, e o máis importante, colócase 10º empatado co 9º, o que supón a mellor clasificación dende que comezou a tempada. A falla de catro xornadas os choqueiros desfrutan dun bo momento, pero son conscentes da igualdade que existe e que a mesma produce cada xornada moitos bailes de postos.

lunes, 1 de abril de 2013

XXXII maratón semana santa

Desde a organización do XXXII Maratón de Semana Santa queremos agradecervos  a todos a vosa presencia no torneo.
Nesta edición participarón un total de 16 equipos senior ( 182 xogadores) e nos triangulares da base 3 equipos alevíns,3 benxamíns e 3 prebenxamíns.