lunes, 22 de abril de 2013

cronica poio 3- redondela 5







VICTORIA DE PESO PARA O REDONDELA FS



Tres puntos moi importantes os acadados onte na xornada matinal do domingo, no Pavillón Municipal de Poio. Os de Redondela foron quen de gañar por 3-5 ó Poio Fútbol Sala, nun dos partidos mais completos disputados ata agora, sobre todo a nivel defensivo.

O encontró poríase moi pronto de cara, Juan subía o primeiro gol no minuto 3 e Jorge no 11 daría certa tranquilidade ós seus co 0-2, pero a partir de aquí virían os peores momentos, en catro minutos os locais conseguirían empatar o encontró e marchar os vestiarios con tablas no marcador.

A segunda parte empezaba con dominio redondelán, pero a tónica xeral repetía-se, boa elaboración, chegadas continuas, pero a finalización seguía condenando a este equipo. O Poio nunha das escasas chegadas que tivo, aproveitou-se  e por primeira vez  porían-se por diante no luminoso (3-2). Faltaban dez minutos, e isto non puxo nerviosos os visitantes, todo o contrario, un minuto máis tarde, Miguel establecía de novo as tablas, e sería Dani pouco despois o que daría ventaxa os seus co 3-4.

A falla de catro minutos o técnico local optaría pola figura do porteiro xogador, perfecta a defensa redondelana, e Juan nun robuo na mesma, conseguiría dende a sua área o definitivo 3-5.

Esta victoria volve a supoñer un novo mérito esta tempada, quinta xornada consecutiva sen perder, trece puntos de quince posibles, e mellorar a clasificación da tempada, nestos momentos novenos a falla de tres xornadas, eso sí, con varios partidos de distintos equipos a disputar aprazados no seu momento.

Esta semana non haberá liga, o seguente partido será o festivo 1 de maio ante Abetos. Os de Redondela terán “minivacacións” ata o mércores polo bo traballo desenvolto nas últimas datas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario