lunes, 19 de diciembre de 2011

Resultados desta fin de semana


Autonómica: Erichkrause 3 - Redondela F.S 2
Xuveniles: AAVV A Paz 1 - Redondela F.S 3
Benxamins: Arealonga 2 - Redondela F.S 2
Prebenxamins: Redondela B 1 - CCR Cabral 0
O partido de prebenxamins Redondela A aprazouse

jueves, 15 de diciembre de 2011

Festa de Nadal

O vindeiro venres 23/12 terá lugar a festa de nadal do club. Tódo-los que queiran poderán traer un xoguete (usado ou novo) para colaborar coa fundación "Amigos de Galicia".
Haberá "pinchos" para os asistentes e agasallos para os pequenos.
Tódo-los xogadores de todas as categorías,  deberán levar a equipaxe completa, xa que, faránse as fotos oficiais da tempada 2011- 2012.
Agardámosvos!!!!

Crónica do adestrador de Xuveniles


 Redondela f.s. 1 – Vigo Sur 3.

Partido disputado no municipal de Redondela.
As cousas non comezaban ben para o Redondela, xa que pouco despois de comezar o partido o equipo local recibía 2 goles case seguidos. Coa moral baixa pero con ganas de remontar, o redondela intentaría incomodar o porteiro do Vigo Sur, ainda que na primeira metade só conseguirían meter un gol.
No segundo tempo os xogadores do redondela non saían  moi confiados das súas posibilidades, é ainda que subiron as liñas de presión, e obtaron de boas ocasión non foron capaces de remontar o partido. Faltando 10 minutos o equipo visitante lograría marcar o terceiro tanto, e desta forma baixar de todo ánimos do equipo local.
O resultado final foi de 1-3.
                                                                                                                                             Roberto Lago.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Resultados desta fin de semana

Resultados desta fin de semana:
Autonómica: Redondela F.S 4 - Cereixa F.S 2
Xuveniles: Redondela F.S 1 - Vigo sur 3

miércoles, 7 de diciembre de 2011

CRÓNICA CONXUNTA DESTA FIN DE SEMANA

Semana do 03/12/2011

Mal fin de semana para o F.Sala Redondela, xa que, tódalas categorías perderon, excepto os xuveniles.

Na categoría Autonómica Sur, o F.S.R desplazábas ata O Porriño para xogar contra o Opel Fimauto, aínda que os de Noli comezaban o partido cunha vantaxe de 1-0 as cousas non acontecían como agardaban e na primeria metade, rematarían co marcador de 1-1 . No segundo tempo, as cousas continuaban do mesmo xeito, e a mala sorte dos redondeláns facía que finalmente, o Opel Fimauto gañase o partido cun 3-1.

Na categoría Provincial, o F.S.R xogaba contra o equipo "De Tapeo", aínda que o resultado final foi de 4-2 a favor do contrincante os nosos rapaces non se desanimaron dando unha boa imaxe durante case todo o partido.

Na categoría Xuvenil, o F.S.R desplazábase o Colexio Miralba (Vigo) para xogar contra o Miralba B. Os xuveniles xogaron con soltura e conseguiron un 0-11 o seu favor.

Na categoría Benxamín, o F.S.R xogaba no pabillón de Cabeiro contra o S.J.G Niño Jesús. O resultado final foi de 0-12, pese éste mal resultado notouse unha melloría no xogo dos locais respecto a outros partidos.

Na Categoría Pre-Benxamín o redondela A xogou contra o Martín Códax na bombonera e o resultado foi de 0-2. O Redondela B xogaba contra o C.Alba, en Vigo acadando un resultado de 3-0.

Noraboa os xuveniles polos resultados desta xornada, ánimo e a seguir mellorando ó resto dos equipos.


A Directiva.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Resultados desta fin de semana


Autonómica: Opel Fimauto 3 - Redondela F.S 1
Provincial: De Tapeo 4 - Redondela F.S 2
Xuveniles: C.D.Miralba B 0 - Redondela F.S 11
Bemxamins: Redondela F.S 0 - SJG Niño Jesús 12
Pre-Benxamins: Colegio Alba 3 - Redondela F.S 0
Pre-Benxamins: Redondela F.S 0 - Martín Codax A 2

viernes, 2 de diciembre de 2011

Programacion:

Programación desta fin de semana:

Autonómica: 03/12 ás 18.00h Opel Fimauto - Redondela F.S no P.de Porriño.
Provincial: 03/12 ás 19.30h De tapeo - Redondela F.S no P.Tenorio.
Xuveniles: 03/12 ás 13.00h C.D Miralba B - Redondela F.S no P.Miralba
Benxamins: 03/12 ás 13.00h Redondela F.S - SJG Niño Jesús no P.Cabeiro.
Pre- Benxamins: 03/12 ás 12.30h Colegio Alba- Redondela B no C.Alba.
Pre-Benxamins A: 03/12 ás 10.00h Redondela A - Martin Codax A no P.Redondela.

Cronica do Adestrador de Xuveniles


 Redondela f.s. 4 – Zamáns 1.

Partido xogado no pabillón de Reboreda (por falta de horarios en Redondela).
O equipo local saía con moitas ganas de conseguir gañar o partido e así poder olvidar os malos resultados obtidos ata o momento.
Todo comezaba ben para o equipo de Redondela xa que conseguía ter o dominio do balón e apenas deixaba que o equipo visitante chegara a sua portería. Na primeira metade non se conseguiría mover o marcador, ainda que se dispuxo de moitas ocasións.
A segunda metade comezaba igual que a primeira sólo que desta vez sí que o equipo local conseguiría o ansiado gol. O equipo visitante dispuxo de poucas ocasións, pero entre a defensa e o porteiro solventaronas con facilidade.
O resultado final foi de 4-1, e cunha boa imaxe do Redondela f.s.
                                                                                                                                             Roberto Lago.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Resultados desta fin de semana

Benxamins: Coutada Beade 7 - Redondela F.S 2
Xuveniles: Redondela F.S 4 - Zamáns 1
Autonómica: Redondela F.S 5 - Cesures 0

Felicitamos a tódolos nosos rapaces polos resultados obtidos nesta xornada.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Cronica do Adestrador de Xuveniles


SABROSOS  F.S – REDONDELA F.S    6-3
Partido xogado o sábado no pavillón de S.Salvador.

O equipo de redondelán comezaba o partido aguantando a media pista o seu rival. Non ía mal o partido ata que chegou un erro defensivo que provocou o 1-0. Ainda así non se lle deu a espalda o partido e o Redondela dispuxo de diversas ocasións para o empate. Pero entre a mala sorte de cara o gol (varios tiros o pau) e os erros arbitrais (dous penaltis claros) facían que se chegara o descanso co resultado de 3-1.

A segunda metade comezábase co ganas pero rápidamente os xogadores baixarian o seu estado de ánimo unha vez encaixado o cuarto gol.

Hacia o final do partido o equipo de Redondela conseguía recurtar bantaxe pero non era o dia de cara o gol. O resultado final foi de 6-3.

                                                                                                             
                                                                                                                             Roberto Lago.

lunes, 21 de noviembre de 2011

Resultados desta fin de semana

Benxamins: Redondela f.s 0 - Rosalia de Castro 10
Xuveniles: Sabrosos f.s 6 - Redondela f.s. 3
Provincial: Past. Mimela f.s 13 - Redondela f.s 3
O mércores día 23/11/2011 Autonómica disputará o partido aprazado contra o Baitra Baiona en Baiona, ás 22.00h. Será o debut do novo adestrador "Noli".

jueves, 17 de noviembre de 2011

Cronica do Adestrador de Xuveniles


Redondela F.S – As Nosas Ruas Teis.

Partido disputado o domingo 13 no Municipal de Redondela.

O equipo redondelán comezaba bastante ben o partido, conseguindo adiantarse no marcador. Ainda que non conseguía ter o dominio do balón estaba aguantando ben. Co resultado de 1-0 chegábase o descanso.

A segunda metade comezaba igual que a primeira pese a que o equipo local non estaba nada convencido co seu xogo, ainda que lograría aumentar a sua bantaxe.

Pouco tempo durou a diferencia xa que enseguida o equipo de Teis lograba empatar o partido. A partir dese intre o equipo local desapareceu do partido sen lograr definir ningunha xogada, nin defender as contras visitantes. O resultado final foi de 2-6.

Roberto Lago.

martes, 8 de noviembre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR PROVINCIAL (Pablo Rivera)

7ª Xornada de liga no pavillón do Cuvi, Lume Demostra – Redondela F.S.

Primeiro partido da tempada en que os visitantes non tiñan que levar xuvenís para  completalo  banco.

 Así, con case todo o equipo mandaba o Redondela no partido, e ó pouco tempo no marcador por partida dobre, os locais recortaron distancias , pero de novo  os  de Redondela puñan terra de por medio. Chegando así ó descanso cun , 1-3 no marcador.

A segunda parte comezaba novamente co dominio visitante, que non aproveitou as ocasións para sentencialo  partido, cousa que pagaría, e caro. Un gol dos locais puña as cousas 2-3.

 Os últimos 8 minutos de encontro, Lume demostra, lanzouse a xogar con porteiro dianteiro, ven defendido polo Redondela,  ata que a falta de seis décimas de segundo, un saque en largo de seu porteiro, foi aproveitado devido a un erro defensivo dos visitantes dentro da súa area polo equipo local. Sen tempo para máis 3-3, acababa o encontro no cuvi.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR PROVINCIAL










6ª Xornada de liga no municipal de Redondela.

O equipo local chegaba novamente con importantes baixas ó encontro contra o equipo visitante segundo na táboa ( Moañeses Celestes), o que non lle impediu empezar  mandando no marcador.

Nun partido de alta intensidade por parte dos dous equipos , que chegaba  1-1 a dous minutos do descanso, so o colexiado foi quen de decantar o marcador, pitando un dobre penalti inexistente  a falta dun minuto, que converterían os de Moaña, para ires con vantaxe ó descanso. Así  1-2 chegábase ó  descanso.

Con moitas ganas saian os redondeláns , que foron quen de empatar o partido mediada a segunda metade. Con alto ritmo seguía o encontro,  con ocasións para ámbolos  equipos,  ata que a balanza do gol declinouse a favor dos visitantes cun gran erro defensivo dos redondeláns.

Ata o final do encontro, e por moita perseveranza que puxeron ós locais, un gol máis para cada equipo fixo que os 3 puntos non quedasen na casa dun Redondela f.s . que mereceu máis, pero 3-5 foi resultado co que concluíu o encontro.

Pablo Rivera.

Cronica do Adestrador de Xuveniles







 SOBRAOS F.S – REDONDELA F.S    3-1

Partido xogado o domingo no pavillón de S.Salvador.

Non comezaba moi ben o partido de cara para os redondeláns xa que chegaban con varias baixas, e o longo do partido sufrirían algunha máis,aínda así os rapaces xogaron un bo partido.
O equipo Sobraos f.s. comezaba presionado moi arriba e dificultando moito a saida dos redondeláns. Asi foi que pouco tardaron en marcar o primeiro gol. Por sorte en poucos minutos coseguiamos o empate nunha boa contra.A primeira metade remataba co resultado de 1-1.
A segunda metade foi cando o equipo de Redondela comezou a notar o cansancio e a falta de xogadores permitindo o seu rival chegar con facilidade. Faltando poucos minutos para o remate o equipo local logrou adiantarse no marcador. O resultado final foi de 3-1.


Roberto Lago