Mostrando entradas con la etiqueta cronica provincial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cronica provincial. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de noviembre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR PROVINCIAL (Pablo Rivera)

7ª Xornada de liga no pavillón do Cuvi, Lume Demostra – Redondela F.S.

Primeiro partido da tempada en que os visitantes non tiñan que levar xuvenís para  completalo  banco.

 Así, con case todo o equipo mandaba o Redondela no partido, e ó pouco tempo no marcador por partida dobre, os locais recortaron distancias , pero de novo  os  de Redondela puñan terra de por medio. Chegando así ó descanso cun , 1-3 no marcador.

A segunda parte comezaba novamente co dominio visitante, que non aproveitou as ocasións para sentencialo  partido, cousa que pagaría, e caro. Un gol dos locais puña as cousas 2-3.

 Os últimos 8 minutos de encontro, Lume demostra, lanzouse a xogar con porteiro dianteiro, ven defendido polo Redondela,  ata que a falta de seis décimas de segundo, un saque en largo de seu porteiro, foi aproveitado devido a un erro defensivo dos visitantes dentro da súa area polo equipo local. Sen tempo para máis 3-3, acababa o encontro no cuvi.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR PROVINCIAL










6ª Xornada de liga no municipal de Redondela.

O equipo local chegaba novamente con importantes baixas ó encontro contra o equipo visitante segundo na táboa ( Moañeses Celestes), o que non lle impediu empezar  mandando no marcador.

Nun partido de alta intensidade por parte dos dous equipos , que chegaba  1-1 a dous minutos do descanso, so o colexiado foi quen de decantar o marcador, pitando un dobre penalti inexistente  a falta dun minuto, que converterían os de Moaña, para ires con vantaxe ó descanso. Así  1-2 chegábase ó  descanso.

Con moitas ganas saian os redondeláns , que foron quen de empatar o partido mediada a segunda metade. Con alto ritmo seguía o encontro,  con ocasións para ámbolos  equipos,  ata que a balanza do gol declinouse a favor dos visitantes cun gran erro defensivo dos redondeláns.

Ata o final do encontro, e por moita perseveranza que puxeron ós locais, un gol máis para cada equipo fixo que os 3 puntos non quedasen na casa dun Redondela f.s . que mereceu máis, pero 3-5 foi resultado co que concluíu o encontro.

Pablo Rivera.