martes, 16 de abril de 2013

crónica redondela fs 2 - garciaaraujo.com 1





 DEMASIADO SUFRIMENTO PARA VENCER



Ninguén diría que despois de ver o Redondela FS os primeiros vinte minutos deste encontró, rematarían pechados no seu campo pedindo a berros o remate do encontró.

O partido comezou co idéntico guión dos últimos encontros. Un  total dominio dos locais que volveron a disfrutar dunha exaxerada posesión do balón, fronte a un rival agazapado que bastante facía con intentar correr detrás do esférico. Froito deste dominio, Dani por partida doble poría un tranquilizador 2-0. Pero o que ten esta disciplina deportiva é que  no único achegamento visitante,a falla de 9’’,conseguirían reducir distancias e marcharse os vestiarios 2-1.

A segunda parte foi totalmente distinta, os redondeláns volveronse lentos e apáticos e ainda por encima, non foron quen de ampliar o marcador con varias ocasións de libro das que dispuseron. Os últimos dous minutos nunha boa decisión e valente os visitantes optaron pola figura de porteiro xogador e puideron incluso nun par de xogadas empatar al menos o choque. Finalmente o mellor do partido era que os tres puntos quedabanse na vila.

Despois da victoria ante garciaaraujo.com o Redondela FS acumula catro xornadas consecutivas sen perder, e o máis importante, colócase 10º empatado co 9º, o que supón a mellor clasificación dende que comezou a tempada. A falla de catro xornadas os choqueiros desfrutan dun bo momento, pero son conscentes da igualdade que existe e que a mesma produce cada xornada moitos bailes de postos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario