OPEL FIMAUTO – REDONDELA F.S
CRÓNICA DO PARTIDO
O Redondela volvía xogar outra final para salvalo descenso, visitando Porriño con algunha duda en varios xogadores con problemas físicos.
O partido comezaba bastante mal, cando os locáis adiantábanse no marcador cun gran gol que nada pode facer o porteiro Naca.
A velocidade do balón era demasiado lenta, facilitando a colocación en defensa dos de Porriño pechando tódolos espazos e creando moitas dudas a hora de crear xogadas de ataque.
Con esta dinámica chegaríase ó descanso cun 2-0 no marcador.
A segunda metade comezaba co equipo local moi pechado en 10 metros e seguían sen aparecer os espazos que propiciara algunha xogada para poder cambiar o rumbo do partido. Pero os minutos pasaban e os de Manoliño non conseguían aproveitar ningunha das poucas ocasións que conseguían crear.
Nos últimos 5 min. os de Redondela intentan xogar con porteiro xogador pero non conseguen o seu obxetivo, e volven encaixar outro gol que rompe por completo o partido.
O resultado final sería un 3-0, que complica bastante as cousas para intentar saír dos postos de descenso.
Manuel Otero
No hay comentarios:
Publicar un comentario