miércoles, 19 de octubre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR AUTONÓMICA SUR












ABETOS F.S – REDONDELA F.S


Partido disputado no municipal de Gondomar.
Os Redondeláns visitaban Gondomar con varias baixas por lesión, pero con moitas ganas de sacar os tres puntos adiante.
O partido comenzaba ben para os de Redondela, que se adiantaban primeiro no marcador e parecía que o partido sería tranquilo. A maioría da posesión do balón era para os Redondeláns. Pero os locáis non tardaron en subir a presión en toda a pista e complicar bastante as cousas para os de  Redondela.
O Gondomar consegue porse por diante no marcador e non deixaría de estalo ata que a 9min. do final os visitantes deciden cambiar a sua estratexia defensiva, e pasan a facer unha presión en toda pista. Non tardarían moito en empatalo partido.
Pero a 20 segundos do final, os Abetos nunha contra, có Redondela totalmente volcado na presión, consegue marcar o definitivo 6-5, que daría os 3 puntos ó equipo de Gondomar. O Redondela tentaría empatar xogando de 5 os últimos segundos, provocando algunha ocasión de gol, pero non habería sorte e o marcador sería inamovible.




                                                                                                         Manuel Otero 

No hay comentarios:

Publicar un comentario