viernes, 14 de octubre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR AUTONÓMICA SUR

Crónica do partido do sábado 08/10 


REDONDELA F.S – RODAVIGO MOS

4ª xornada de liga disputada no municipal de Redondela.
Partido moi floxo defensivamente por parte do Redondela F.S , propiciando tamén varios despistes en defensa que aproveitaron os de Mos para levar sempre o marcador a favor.
Os Redondeláns levaron o peso do partido durante case todo o tempo, pero sen poder materializar en gol tódalas xogadas de ataque.
Por outra parte, os de Mos mantiñan a súa defensa ben ordenada, pondo en dificultades os ataques do Redondela.
 Có 2-4 no marcador chegaríase ó descanso.
A segunda metade foi case un reflexo da primeira. No tramo final do partido os Redondeláns contarían con varias ocasións claras de gol. Pero unha moi boa actuación do porteiro rival e a falta de puntería, deixaba ós locáis sen os 3 puntos.
Ó remate do encontro o resultado sería de 2-6.





                                                                                                                Manuel Otero

No hay comentarios:

Publicar un comentario