jueves, 17 de noviembre de 2011

Cronica do Adestrador de Xuveniles


Redondela F.S – As Nosas Ruas Teis.

Partido disputado o domingo 13 no Municipal de Redondela.

O equipo redondelán comezaba bastante ben o partido, conseguindo adiantarse no marcador. Ainda que non conseguía ter o dominio do balón estaba aguantando ben. Co resultado de 1-0 chegábase o descanso.

A segunda metade comezaba igual que a primeira pese a que o equipo local non estaba nada convencido co seu xogo, ainda que lograría aumentar a sua bantaxe.

Pouco tempo durou a diferencia xa que enseguida o equipo de Teis lograba empatar o partido. A partir dese intre o equipo local desapareceu do partido sen lograr definir ningunha xogada, nin defender as contras visitantes. O resultado final foi de 2-6.

Roberto Lago.

martes, 8 de noviembre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR PROVINCIAL (Pablo Rivera)

7ª Xornada de liga no pavillón do Cuvi, Lume Demostra – Redondela F.S.

Primeiro partido da tempada en que os visitantes non tiñan que levar xuvenís para  completalo  banco.

 Así, con case todo o equipo mandaba o Redondela no partido, e ó pouco tempo no marcador por partida dobre, os locais recortaron distancias , pero de novo  os  de Redondela puñan terra de por medio. Chegando así ó descanso cun , 1-3 no marcador.

A segunda parte comezaba novamente co dominio visitante, que non aproveitou as ocasións para sentencialo  partido, cousa que pagaría, e caro. Un gol dos locais puña as cousas 2-3.

 Os últimos 8 minutos de encontro, Lume demostra, lanzouse a xogar con porteiro dianteiro, ven defendido polo Redondela,  ata que a falta de seis décimas de segundo, un saque en largo de seu porteiro, foi aproveitado devido a un erro defensivo dos visitantes dentro da súa area polo equipo local. Sen tempo para máis 3-3, acababa o encontro no cuvi.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR PROVINCIAL










6ª Xornada de liga no municipal de Redondela.

O equipo local chegaba novamente con importantes baixas ó encontro contra o equipo visitante segundo na táboa ( Moañeses Celestes), o que non lle impediu empezar  mandando no marcador.

Nun partido de alta intensidade por parte dos dous equipos , que chegaba  1-1 a dous minutos do descanso, so o colexiado foi quen de decantar o marcador, pitando un dobre penalti inexistente  a falta dun minuto, que converterían os de Moaña, para ires con vantaxe ó descanso. Así  1-2 chegábase ó  descanso.

Con moitas ganas saian os redondeláns , que foron quen de empatar o partido mediada a segunda metade. Con alto ritmo seguía o encontro,  con ocasións para ámbolos  equipos,  ata que a balanza do gol declinouse a favor dos visitantes cun gran erro defensivo dos redondeláns.

Ata o final do encontro, e por moita perseveranza que puxeron ós locais, un gol máis para cada equipo fixo que os 3 puntos non quedasen na casa dun Redondela f.s . que mereceu máis, pero 3-5 foi resultado co que concluíu o encontro.

Pablo Rivera.

Cronica do Adestrador de Xuveniles







 SOBRAOS F.S – REDONDELA F.S    3-1

Partido xogado o domingo no pavillón de S.Salvador.

Non comezaba moi ben o partido de cara para os redondeláns xa que chegaban con varias baixas, e o longo do partido sufrirían algunha máis,aínda así os rapaces xogaron un bo partido.
O equipo Sobraos f.s. comezaba presionado moi arriba e dificultando moito a saida dos redondeláns. Asi foi que pouco tardaron en marcar o primeiro gol. Por sorte en poucos minutos coseguiamos o empate nunha boa contra.A primeira metade remataba co resultado de 1-1.
A segunda metade foi cando o equipo de Redondela comezou a notar o cansancio e a falta de xogadores permitindo o seu rival chegar con facilidade. Faltando poucos minutos para o remate o equipo local logrou adiantarse no marcador. O resultado final foi de 3-1.


Roberto Lago


miércoles, 26 de octubre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR PROVINCIAL

5ª Xornada de liga no municipal de Cuntis.

Partido duro entre de C.D. Cuntis e o Redondela F.S .. Os visitantes chegaban outra vez mermados polas baixas cubertas novamente por  tres  xuvenís, o cal non lle impediu empezar o  encontro dominando o xogo, pero sen finalizar  as ocasións, o que si fixeron os visitantes,  para  adiantárense  no marcador ós 10 minutos , e sumar un segundo tanto dous minutos despois, o cal sumado o mal arbitraxe levou  os nervios nos rapaces redondeláns, ata chegar ó descanso 3-0  para os locais.

A segunda parte do encontro non empezaba mellor para os visitantes, permitindo un xogo excesivamente duro dos locais, e expulsando a un xogador redondelán no comezo da segunda metade, o arbitro mostrábase demasiado caseiro.  Así e todo o Redondela intentou mediante a presión achegarse no marcador, pero as ocasións creadas non se materializaban no ansiado  gol.

 O cansancio  pola  falta de cambios, e o risco de presionar  para  acurtar  distancias, permitiron dous goles máis para os locais  nos minutos finais desta segunda parte. Así  5-0 remataba o encontro.

Pablo Rivera.