miércoles, 19 de octubre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR AUTONÓMICA SUR












ABETOS F.S – REDONDELA F.S


Partido disputado no municipal de Gondomar.
Os Redondeláns visitaban Gondomar con varias baixas por lesión, pero con moitas ganas de sacar os tres puntos adiante.
O partido comenzaba ben para os de Redondela, que se adiantaban primeiro no marcador e parecía que o partido sería tranquilo. A maioría da posesión do balón era para os Redondeláns. Pero os locáis non tardaron en subir a presión en toda a pista e complicar bastante as cousas para os de  Redondela.
O Gondomar consegue porse por diante no marcador e non deixaría de estalo ata que a 9min. do final os visitantes deciden cambiar a sua estratexia defensiva, e pasan a facer unha presión en toda pista. Non tardarían moito en empatalo partido.
Pero a 20 segundos do final, os Abetos nunha contra, có Redondela totalmente volcado na presión, consegue marcar o definitivo 6-5, que daría os 3 puntos ó equipo de Gondomar. O Redondela tentaría empatar xogando de 5 os últimos segundos, provocando algunha ocasión de gol, pero non habería sorte e o marcador sería inamovible.




                                                                                                         Manuel Otero 

viernes, 14 de octubre de 2011

CRÓNICA DO ADESTRADOR AUTONÓMICA SUR

Crónica do partido do sábado 08/10 


REDONDELA F.S – RODAVIGO MOS

4ª xornada de liga disputada no municipal de Redondela.
Partido moi floxo defensivamente por parte do Redondela F.S , propiciando tamén varios despistes en defensa que aproveitaron os de Mos para levar sempre o marcador a favor.
Os Redondeláns levaron o peso do partido durante case todo o tempo, pero sen poder materializar en gol tódalas xogadas de ataque.
Por outra parte, os de Mos mantiñan a súa defensa ben ordenada, pondo en dificultades os ataques do Redondela.
 Có 2-4 no marcador chegaríase ó descanso.
A segunda metade foi case un reflexo da primeira. No tramo final do partido os Redondeláns contarían con varias ocasións claras de gol. Pero unha moi boa actuación do porteiro rival e a falta de puntería, deixaba ós locáis sen os 3 puntos.
Ó remate do encontro o resultado sería de 2-6.





                                                                                                                Manuel Otero

martes, 4 de octubre de 2011

FÚTBOL SALA REDONDELA

COMUNICACIÓN DE ENCONTRO

CATEGORIA: AUTONOMICA SUR

EQUIPO LOCAL

REDONDELA F. S.

EQUIPO VISITANTE

RODAVIGO-MOS F.S.

EQUIPACION LOCAL

CAMISETA COLOR / PANTALÓN

AZUL / BLANCO

XORNADA Nº

DÍA

SABADO 08-10-2011

HORA

16:30H

PAVILLÓN

MUNICIPAL DE REDONDELA

DIRECCIÓN

AVD, SANTA MARIÑA S/N

LOCALIDADE

REDONDELA

FECHA DE COMUNICACIÓN

MARTES 04 DE OUTUBRO ÁS 16:32Hrs.

TELEFONO DE CONTACTO. ROBER/ 617259314

FDO. PRESIDENTE

domingo, 25 de septiembre de 2011

Ficha técnica Autonómica Sur






Club Futbol Sala Redondela 



ENCONTRO: Redondela f. s. – Restaurante Pandiña f. s.
LUGAR: Pavillón municipal de Redondela
DÍA: Sábado 24 de Setembro do 2011
RESULTADO: 8-3
XORNADA:
ALINEACIONS
REDONDELA F. S. Francisco González, Héctor Ferreira, Jorge Cabanelas, Jorge Tizón, Jorge Alonso  E. INICIAL. Iván lago, Borja rúa, Manuel Otero, Pablo Rodríguez, Alexandre Gómez, Pablo Domínguez, Santiago Queimaliños. 
GOLEADORES: 3- Jorge Cabanelas, 2- Héctor Ferreira, Santiago Queimaliños, 1- Jorge Alonso.
R. PANDIÑA F. S. Jacobo da Cruz, David Paz, Alfonso Curras, Rubén Martínez, José Piñeiro,       E. INICIAL. David Couso, Isaac Taboada, Yago Fernández, Iván Santos, Daniel Castro.
GOLEADORES: 2- Yago Fernández, 1- Isaac Taboada
ARBITROS: FCO. Javier Roldán Pérez, Yoel Castro Maquieira
 CRONOMETRADOR: Alicia Castro Maquieira
 DELEGACIÓN: Pontevedra
AMONESTACIONS:
LOCAL: A. FCO. Javier González, Borja rúa R.
VISITANTE: A: 2- Daniel Castro, 1- Alfonso Curras, Isaac Taboada  R. Daniel Castro



viernes, 16 de septiembre de 2011

CAMPAÑA SOCIOS 2011 2012

Un ano máis, comezamos unha nova tempada no Club Futbol Sala Redondela , con moita ilusión e novos proxectos, éste ano contamos con máis equipos ca o ano pasado, tendo na actualidade dous equipos Sénior ( Autonómica e provincial), un equipo de Xuveniles, un equipo de Benxamins e outro de Prebenxamíns.
Contamos un ano máis coa vosa colaboración, ofrecendo algunhas novidades nas tarifas dos socios:

- Socio infantil ( De 0 a 5 anos): 5 Eur
- Socio Estudante: (De 5 a 23 anos): 10 Eur
- Socio Normal: (De 23 anos en diante): 20 Eur

Tódolos socios recibirán un agasallo no momento de recibir o carnet, e diferentes descontos nas empresas da vila.
Grazas!!!!