viernes, 16 de septiembre de 2011

CAMPAÑA SOCIOS 2011 2012

Un ano máis, comezamos unha nova tempada no Club Futbol Sala Redondela , con moita ilusión e novos proxectos, éste ano contamos con máis equipos ca o ano pasado, tendo na actualidade dous equipos Sénior ( Autonómica e provincial), un equipo de Xuveniles, un equipo de Benxamins e outro de Prebenxamíns.
Contamos un ano máis coa vosa colaboración, ofrecendo algunhas novidades nas tarifas dos socios:

- Socio infantil ( De 0 a 5 anos): 5 Eur
- Socio Estudante: (De 5 a 23 anos): 10 Eur
- Socio Normal: (De 23 anos en diante): 20 Eur

Tódolos socios recibirán un agasallo no momento de recibir o carnet, e diferentes descontos nas empresas da vila.
Grazas!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario