martes, 14 de diciembre de 2010




AS LIÑAS DO ENTRENADOR


REDONDELA F.S – PAZOS

CRÓNICA DO PARTIDO

Partido disputado no municipal de Redondela, cunha boa entrada de espectadores.

O Redondela saía a pista coa intención de sacar un resultado positivo contra o líder da categoría, pero o bó xogo do Pazos complicáballe as cousas os Redondeláns.

Os primeiros en adiantarse no marcador son os visitantes cun forte disparo dende lonxe despois dunha xogada de corner. O Redondela consegue empatar ó partido pero o Pazos insiste en querer levarse os tres puntos de Redondela, poñendo intensidade no xogo de ataque e tamén no defensivo, chegándose ó descanso cun 2 a 4 no marcador.

A segunda parte comenza case como a primeira, con dominio no xogo do Pazos pero o Redondela sae disposto a pelexar ata o final pola victoria. Despois de remontar un 2 a 5 case imposible, con moito traballo e orgullo persoal, os Redondeláns conseguen poñerse 5 a 5 no marcador e sorprender por completo os visitantes. Parece que os esforzos realizados durante todo o encontro dos locáis comezaba a ter a súa recompensa e coa presión en toda a pista que facían os Redondeláns, chegábase ó final do encontro cun 8 a 6 no marcador.

Creo que este é o camiño que o Redondela debe seguir, e xogar todos os partidos coa mesma intensidade.

Gustaríame felicitar a todos os xogadores polo esforzo realizado, e a toda a xente que asistiu ó pavillón e animou ó equipo durante todo o partido.

Manuel Otero




REDONDELA FUTBOL SALA

AUTONÓMICA SUR

FICHA TÉCNICA

ENCONTRO: REDONDELA F. S. – S. D. PAZOS

INSTALACIÓN: PAVILLÓN MUNICIPAL DE REDONDELA

DÍA: 11 -12 - 2010

HORA: 18:30

RESULTADO: 8-6

XORNADA: 13ª

ALINEACIÓNS

REDONDELA F. S. FRANCISCO GONZALEZ, SAUL ALFONSO, ALEXANDRE GOMEZ, JORGE ALONSO, BORJA RUA E. INICIAL. YAGO FIGUEROA, JORGE JOSE, SANTIAGO RUIZ, JOAQUIN LAGO, IVAN LAGO.

GOLEADORES: 2- JORJE JOSE, JORGE ALONSO, SAUL ALFONSO. 1- YAGO FIGUEROA, JOAQUIN LAGO.

S. D. PAZOS: DAVID LOPEZ, ELOLY BOULLOSA, JACOBO AMOEDO, MANUEL MIGUEZ, RODRIGO MOURIÑO. E. INICIAL: ESTEBAN MOURIÑO, PABLO ABRUÑEDO, MARCELINO CERNADAS, HUGO LOPEZ.

GOLEADORES: 3- ELOY BOULLOSA. 2- JACOBO AMOEDO. 1- MANUEL MIGUEZ.

ÁRBITROS: FIDEL GONZALEZ ARMADA, JOSÉ RAMÓN PARADELA. CRONOMETRADOR: LORENA QUINTAS CRESPO. COLEXIO: OURENSE

AMONESTACIÓNS: LOCAL: A.YAGO FIGUEROA, ALEXANDRE GOMEZ. VISITANTE: A: HUGO LOPEZ, JACOBO AMOEDO.

NOTA DE PRENSA

O LÍDER MARCHOU DE VACÍO DA BOMBONERA

O fútbol sala Redondela saltaba a cancha da bombonera(repleta de xente) con mais dúbidas das normais debido os últimos resultados negativos consecutivos, non era un dos mellores rivais desexados o Pazos de Borbén para disputar un derbi que non viña en bo momento, pero o longo do partido os locales foron meténdose no partido.

Adiantábanse no marcador os visitantes con xogada individual de ELOY os 13 minutos de partido, e un falta a favor dos locais executada por JOAQUIN fixo o 1-1 no minuto 15, dous fallos defensivos consecutivos dos locais facilitaron o marcador o descanso de 1-3,con bo xogo pero con falta de concentración.

Escomenzaba a segunda parte con dominio visitante e os 4 minutos ELOY facía o 1-4,os locais non se renderon e tiraron de casta para intentar parar os visitantes e así chegou o 2-4 a falta de 14 minutos po remate, os redondelans non perderon a fé e seguiron traballando forte pero sería o pazos o que voltaba a marcar para por no marcador o 2-5, que parecía inalcanzable. O adestrador local MANOLIÑO esgota o tempo morto e todo cambia, un equipo visitante moi cansado e un equipo locai moi forte tanto física como psíquicamente e apretando en todas liñas daba cabo pouco a pouco con una remontada increíble, 3-5 obra de arte de SAUL, 4-5, habilidade de YAGO, 5-5, magistral pase YAGO a SAUL, 6-5 SAUL desbocado habiltita a JORGE ALONSO, no medio de tanta euforia o equipo visitante solo podía estar presente no terreo de xogo xa que os locais querían mais, e así foi o 7-5 foi un bo pase do porteiro(NAKA) a 35 metros que ALEXANDRE controlou e asistió a JORGE CABANELAS. Tempo morto do equipo visitante para poder xogar con porteiro xogador a falta de 1”43, pero sin acerto algún, os locais non pararon de defender e sair o contrataque e así chegaría o último gol locai as botas de JORGE CABANELAS, un lanzamento de 10 metros a falta de 45 segundos puxo no marcador o 8-6 definitivo.

viernes, 10 de diciembre de 2010

Crónica Autonómica Sur

VALLADARES – REDONDELA F.S

CRÓNICA DO PARTIDO

PAVILLÓN MUNICIPAL DE VALLADARES, SÁBADO 4 DE DECEMBRO.

Nos primeiros segundos do encontro o equipo local sorprendeu ó Redondela cun
gol despois de non conseguir finalizar a xogada de estratexia de inicio realizada polos
redondeláns.
A pesar dese contratempo, o Redondela consegue remontar o resultado adverso
de 2 a 0 e chegar ó descanso cun empate no marcador de 2-2, levando casi todo o tempo
do encontro o peso do partido pero sen chegar a materializar a mayoría das xogadas de
ataque.
Na segunda parte parece que o Redondela quere sair polo partido pero só dura
aproximadamente uns 7minutos, a escasa agresividade en defensa e o pouco acerto en
ataque, consegue meter no encontro ó Valladares que polo contrario si está agresivo
nesas dúas facetas.
O tramo final do partido chega con bastantes ocasións do Redondela pero sen
acerto, algo que aproveita o equipo local para sair á contra e sentenciar o encontro.
Os últimos 3minutos o Redondela intenta xogar de 5 pero xa era difícil remontar
o partido, volvendo cometer algún erro que finaliza con gol do equipo local.
O equipo redondelán volve estar sen esa actitude agresiva e positiva que lle deu tan bó
resultado nas primeiras xornadas de liga.



O adestrador,
Manuel Otero

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Comunicación de encontro


FÚTBOL   SALA  REDONDELA
COMUNICACIÓN DE ENCONTRO


CATEGORIA: AUTONOMICA Sur

EQUIPO LOCAL
REDONDELA F. S.
EQUIPO VISITANTE
S. D. PAZOS DE BORBEN


EQUIPACION LOCAL
CAMISETA COLOR / PANTALÓN
AZUL / BRANCO
XORNADA Nº
13ª
DÍA
11-12-2010
HORA
18:30
PAVILLÓN
MUNICIPAL DE REDONDELA
DIRECCIÓN
AVD, SANTA MARIÑA  S/N
LOCALIDADE
REDONDELA


DATA DE COMUNICACIÓN
DÍA 07-12-2010




TELEFONO DE CONTACTO. ROBER/ 617259314  

                       
FDO. PRESIDENTE

domingo, 5 de diciembre de 2010



REDONDELA FUTBOL SALA
AUTONOMICA SUR

FICHA TÉCNICA
ENCONTRO: CVC VALLADARES-REDONDELA F. S.
LUGAR: PAVILLON DE VALLADARES
DÍA: 04-DECEMBRO DO 2010
HORA: 18:30
RESULTADO: 9-4
XORNADA: 12ª
ALINEACIONS
REDONDELA F. S. FRANCISCO GONZALEZ, DIEGO LAGO, ALEXANDRE GOMEZ, BORJA RUA, JORGE ALONSO. E. INICIAL. IVAN LAGO, YAGO FIGUEROA, JOAQUIN LAGO, JORGE CABANELAS, SAUL ALFONSO, SANTIAGO RUIZ.
GOLEADORES: 2- JORGE ALONSO, 1- DIEGO LAGO, ALEXANDRE GOMEZ.
CVC VALLADARES: JOSE RODRIGUEZ, JORDAN RAMILLO, ADRIAN RAMILO, MIGUEL FERNANDEZ, JACOBO FERNANDEZ. E. INICIAL: XESUS IGLESIAS, ALFREDO BARCIELA, GONZALO ESTEVEZ.
GOLEADORES: 4- JACOBO FERNANDEZ, 2- MIGUEL FERNANDEZ, 1- JORDAN RAMILLO, XESUS IGLESIAS, GONZALO ESTEVEZ.
ARBITROS: ANDRES GARCIA FREIRIRA, ANGEL PEREZ LARRAN. CRONOMETRADOR: NAZARET ALONSO IGLESIAS. COLEXIO: VIGO
AMONESTACIONS: LOCAL: JORDAN RAMILO, XESUS IGLESIAS. VISITANTE: A: YAGO FIGUEROA, FRANCISCO GONZALEZ.

NOTA

Que cheguen xa as vacacions!, isto parece que é o que queren os xogadores redondeláns que suman a súa 3ª derrota consecutiva.
Os 15 segundos de partido os redondeláns xa ían perdendo, pero en pouco tempo recuperaron a posesión do balón e por medio de Jorge Alonso fixeron o empate, pero isto non lles chegou, xogaban a ráfagas e isto nunha categoría como ésta págase moi caro e así chegaba o 2-1 por medio de Miguel, parecía que ése sería o resultado que nos mandaría o descanso pero un descalabro defensivo local daba o 2-2 e no saque de centro e con torrija visitante chegaba o 2-3 o descanso.
Comezaba a 2ª parte con dominio redondelán pero sen marcar as ocasións, chegaban pero non se remataban, era sen embargo, o equipo local ,carente de técnica pero con moita física e agresividade, o que voltaba a marcar o 2-4,  e con éste resultado chegaron os mellores momentos redondeláns, pero os homes de Manoliño non atinaban cara a porta rival, ata que Diego nun bo contrataque fixo o 3-4 que facia achegarse o marcador, pero isto foi un sono, mais problemas defensivos e a falta de 4 minutos para o remate do encontro voltan a marcar os locais por medio de Xesus, o Redondela ,con moitos problemas no banco, xoga estes últimos minutos con porteiro xogador, sen acerto algún e con moitos erros que proporcionaron o resultado o remate do encontro.

O presidente.