viernes, 10 de diciembre de 2010

Crónica Autonómica Sur

VALLADARES – REDONDELA F.S

CRÓNICA DO PARTIDO

PAVILLÓN MUNICIPAL DE VALLADARES, SÁBADO 4 DE DECEMBRO.

Nos primeiros segundos do encontro o equipo local sorprendeu ó Redondela cun
gol despois de non conseguir finalizar a xogada de estratexia de inicio realizada polos
redondeláns.
A pesar dese contratempo, o Redondela consegue remontar o resultado adverso
de 2 a 0 e chegar ó descanso cun empate no marcador de 2-2, levando casi todo o tempo
do encontro o peso do partido pero sen chegar a materializar a mayoría das xogadas de
ataque.
Na segunda parte parece que o Redondela quere sair polo partido pero só dura
aproximadamente uns 7minutos, a escasa agresividade en defensa e o pouco acerto en
ataque, consegue meter no encontro ó Valladares que polo contrario si está agresivo
nesas dúas facetas.
O tramo final do partido chega con bastantes ocasións do Redondela pero sen
acerto, algo que aproveita o equipo local para sair á contra e sentenciar o encontro.
Os últimos 3minutos o Redondela intenta xogar de 5 pero xa era difícil remontar
o partido, volvendo cometer algún erro que finaliza con gol do equipo local.
O equipo redondelán volve estar sen esa actitude agresiva e positiva que lle deu tan bó
resultado nas primeiras xornadas de liga.



O adestrador,
Manuel Otero

No hay comentarios:

Publicar un comentario