martes, 14 de diciembre de 2010




AS LIÑAS DO ENTRENADOR


REDONDELA F.S – PAZOS

CRÓNICA DO PARTIDO

Partido disputado no municipal de Redondela, cunha boa entrada de espectadores.

O Redondela saía a pista coa intención de sacar un resultado positivo contra o líder da categoría, pero o bó xogo do Pazos complicáballe as cousas os Redondeláns.

Os primeiros en adiantarse no marcador son os visitantes cun forte disparo dende lonxe despois dunha xogada de corner. O Redondela consegue empatar ó partido pero o Pazos insiste en querer levarse os tres puntos de Redondela, poñendo intensidade no xogo de ataque e tamén no defensivo, chegándose ó descanso cun 2 a 4 no marcador.

A segunda parte comenza case como a primeira, con dominio no xogo do Pazos pero o Redondela sae disposto a pelexar ata o final pola victoria. Despois de remontar un 2 a 5 case imposible, con moito traballo e orgullo persoal, os Redondeláns conseguen poñerse 5 a 5 no marcador e sorprender por completo os visitantes. Parece que os esforzos realizados durante todo o encontro dos locáis comezaba a ter a súa recompensa e coa presión en toda a pista que facían os Redondeláns, chegábase ó final do encontro cun 8 a 6 no marcador.

Creo que este é o camiño que o Redondela debe seguir, e xogar todos os partidos coa mesma intensidade.

Gustaríame felicitar a todos os xogadores polo esforzo realizado, e a toda a xente que asistiu ó pavillón e animou ó equipo durante todo o partido.

Manuel Otero

No hay comentarios:

Publicar un comentario