domingo, 13 de octubre de 2013

Crónica Verin fs 2 - Redondela fs 2



EMPATE ANTE UN BO VERÍN FS


O Redondela consegue traer un punto da localidade ourensana de Verín, que visto o acontecido no encontro e sendo fora da casa, pódese considerar positivo. Excelente escenario de xogo, cunha boa entrada nas bancadas, a pesar de que os xogadores comentaban que o firme resbalaba un pouco, circunstancia que quizá condicionou un pouco o xogo de ambos equipos.
A primeira parte foi de moito control por ambos equipos. Defensas altas, pero o campo facía difícil os desprazentos defensivos, posesións largas e poucas ocasións, a máis clara a tería o redondelán Borja, que se plantaba man a man co porteiro Fer que tocaba levemente o balón para que se fora a corner. A falla de tres minutos para o descanso chegaría unha xogada clave, penalti a favor de Verín e expulsión de Borja por agarrar a un contrario, os locais se poñían 1-0 e o peor era que o Redondela se quedaba sen unha rotación.
A segunda parte foi de control redondelán, os locais quizás acusaron o desgaste dos primeiros vinte minutos. Jorge Alonso convertía un penalti para empatar o encontro, pero nada máis sacar de centro, de novo os locais tomarían ventaxa no encontro. Nos últimos dez minutos houbo ocasións nas duas porterías, pero sería Miguel el que anotaría el definitivo 2-2. Destacar o debut de Pablo Lameiro, xogador do filial demostrando que a canteira está moi presente.

Por outro lado o Redondela de provincial caía por 6-1 ante As nosas Ruas. Partido que se adiantou a este fin de semana por petición do equipo rival.

No hay comentarios:

Publicar un comentario