miércoles, 2 de octubre de 2013

Talleres ABC Vigo 4 -Redondela F.S 3



PRIMEIRA DERROTA DO CURSO



O envite era dos reservados como moi complicados, o curriculum e plantilla do Talleres ABC Vigo así o hacía presaxiar. O encontro non defraudou a nadie, o Redondela FS realizou ,se cadra, a meior primeira parte dende fai moito tempo, salvo o último minuto, onde a única chegada dos vigueses foi convertida en gol antes do descanso.

No segundo tempo, os locais decidiron arriscar un pouco máis, e estiraron suas liñas para entorpecer a elaboración dos choqueiros, que xa non se topaban tan cómodos como no primeiro tempo. Jose poría terra de por medio con dous “golazos”, un forte tiro dende a banda case sen ángulo e unha acción técnica co calcaño. Pey co 4-1 deixaría moi de cara a partido para os seus. Pero todos saben que este Redondela nunca se rinde e sacarían forzas para apretar o encontro e chegar ó 4-3 a falta de algo máis de dous minutos. E seguirían intentandoo incluso no último minuto, con Dani coa camisola de porteiro xogador, pero a acción máis clara sería cortada en falta, non habendo tempo para máis.

Moi boas sensacións nestes inicios ligueiros, duas xornadas e os redondeláns han sido quen, de competir cos dous mellores equipos do ano pasado.

PRIMEIRA DERROTA DO CURSO

O Redondela Provincial comenza con bo pe a súa andaina ligueira, venceu por 6-5 ó Playas de Pontevedra, nun partido donde a nota máis destacada foi a igualdade durante os 40 minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario