martes, 19 de febrero de 2013

Cronica Redondela fs 1 - T ABC Vigo fs 4






O REDONDELA FS PLANTA CARA Ó LÍDER



Gran partido o que se puido ver na matinal do domingo no Municipal de Redondela, encontro que no seu día fora aprazado por petición do equipo visitante.

O Redondela puxo en apretos durante boa parte do encontró a todo un T.ABC Vigo que chegaba a vila a non deixarse ningún punto para poder manter esa posición de privilexio.
Os primeiros vinte minutos os redondeláns, cun planteamenmto algo defensivo, intentaban non encaixar ningún tanto para poder ter opciones de chegar vivos o final do encontró. As claves, o orden defensivo e intentar aproveitar algunha contra. As ocasións máis claras neste período serían para os visitantes, que quizá fixeron méritos para ir o vestiario con algún tanto, pero o porteiro Naka e a solidez defensiva, propiciaron que non se movera o marcador.

A segunda parte igualou as forzas e o Redondela sabía que tería unha oportunidade para poñer en apretos ó líder, e así foi, esta chegou co empate a un tanto, unha das mellores xogadas do encontró en donde Dani asiste a Jorge que co porteiro batido, dispara e encóntrase co peito dun xogador baixo paos. De haber convertido este tanto o partido poría ter un camino distinto o que tomou, sería porse en ventaxa no marcador e co hándicap de que os visitantes xa tiñan cinco faltas. Estas circunstancias soen ser as que reviven os grandes equipos, e de aquí o final, un cansado T.ABC Vigo tiraba de calidad individual para acabar vencendo por 1-4.

A xente disfrutou do lindo nunhas gradas con gran entrada no municipal, e despidiu os seus cunha sonora ovación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario