martes, 26 de febrero de 2013
O REDONDELA FS ENFRÉNTASE A SI MESMO
Unha primeira parte onde o equipo amosou o porqué da sua situación na táboa, foi suficente para ir a remolque durante todo o encontró, e retornar de balde a vila, tras caer ante un rival directo como Grupo 7 a 9 CAFyD por 4-2.
Os primeiros vinte minutos foron un querer e non poder, desacertados en todas as facetas do xogo, salvo na posesión, onde si se nota certa mellora co paso dos encontros, pero non vale tela se logo non se xeneran ocasións ou se perden balóns que propician chegadas claras o contrario, como así sucedeu, os pontevedreses perfectamente dirixidos polo veterano Edu (imparable os 40 minutos) convertían as súas primeiras chegadas máis claras, e xa poñían terra de por medio cun 2-0 que facía xustiza ó descanso.
O inicio dos seguintes vinte minutos foron otro conto, de feito os vinte segundo Jorge pudo recortar distancias e dar folgos os seus, plantouse diante do porteiro e non foi quen de batilo. O grupo 7 a 9 seguía moi serio e metido no encontró, apreveitaría un erro na elaboración dunha banda para poñer un 4-0 que se facía prácticamente inviable para os redondeláns.
Pero isto provocou un efecto inmediato e de aquí o final o dominio visitante foi moi claro, convertiron dous goles, algún máis puido chegar, pero acordaron tarde para gañar o encontró, o tempo esfumouse e unha derrota ante un rival directo, ademáis da perda do golaveraxe particular entre ambos. So queda levantar a cabeza e desexar que chegue o máis pronto posible o sábado para intentar recuperar o que se perdeu este fin de semana, a presa non será doada, xa que o rival e o Cereixa, equipo dos cabeceiros desta liga.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario