lunes, 11 de febrero de 2013

Crónica Lavadores 7 - Redondela 1



O REDONDELA FS SOFRE UNHA DEBACLE NO DERRADEIRO MINUTO



Non foi en liñas xerais un bo partido dos redondeláns, sobre todo na fase ofensiva, pero o rigor táctico, a concentración e a intensidade que lle imprimiron ó encontró, fixo que se chegara a falta de 1´25´´ co esperanzador resultado de 2-1 en contra, que deixaba moitas posibilidades de levar algún regalo para a vila.

Nos primeiros vinte minutos non hai que salientar moitas cousas, os dous equipos intentaron manter a posesión do balón, sen ser moi verticais para buscar as respectivas porterías do contrario. Achegouse neste período con máis perigo o Lavadores, que demostrou a súa clasificación ligueira, tendo suficientes argumentos tácticos e unha plantilla profunda e moi equilibrada, que lles proporcionaba un nivel importante sempre na pista. Froito deste respeto que amosaron os dos equipos, ó descanso, o incrible marcador de 0-0.

Na segunda parte todo cambiaría, ós dous minutos de xogo os locais subirían o 1-0 que premiaba o bo facer do Lavadores, ante un agazapado Redondela. O capitán Manoliño poría a nota de esperanza empatando un encontró con algo de sorte, xa que o seu tiro era desvíado por un defensa e entraba mansamente na portería do Lavadores. Esta ledicia duraría ben pouco porque dous minutos máis tarde os locais volverían a poñerse  2-1. A partir de aquí o encontró alocouse e foi unha fase na que calquera dos dous equipos poido acertar convertindo algún gol.

A falta de 1´30´´ o técnico Julio Mougán decide apostar pola figura do porteiro xogador, non tendo nada que perder e sendo fieles a filosofía que se trata de impregnar, a valentía en pro dos puntos. Esta decisión non puido ser máis nefasta, de aquí o final do encontró os goles foron caindo ata o resultado final de 7-1, resultado que non representa nin moito menos o que sucedía no Pavillón de Marcote. Unha magoa, 39´que non serviron para conseguir nada positivo.
O próximo domingo por fin voltarán os redondelans a xogar un partido na casa, e será novamente ante un rival de moita entidad, o colíder T.ABC Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario