domingo, 20 de octubre de 2013

crónica redondela fs 8 - 7a9 CAF y D




REDONDELA FS VENCE CON COMODIDADE



Un arranque moi forte por parte do Redondela Fs, propiciou que ós tres minutos de partido ,o luminoso reflexara un claro tres cero para os locais. O equipo pontevedrés do 7ª 9 CAFyD non foi capaz de parar a saída en tromba dos redondeláns. Este resultado condicionou xa o resto do encontro.

A forte presión e o ritmo de partido imposto polo Redondela, foi moi difícil de
contrarestar polos visitantes, Dani subía ó 4-0 ós 10 minutos e deixaba xa o encontro
sentenciado.

Na segunda metade o Redondela dedicouse a controlar o tempo de xogo e
administrar a súa renda, mentres o CAFyD subías súas liñas e incluso a falla de oito
minutos, apostaba pola figura de porteiro xogador, pero nin con esas chegaría o perigo
a meta defendida por Naka nesta segunda metade.

FICHA TÉCNICA

Sábado, 19 de Octubre. Xornada 5 16:15 Pavillón Municipal de Redondela

REDONDELA F.S., Iván, Tizón, Dani, Juan, Miguel- cinco inicial-, Manoliño©, Yago, Pedro,
Portillo, Jorge, Lameiro e Naka.
7 a 9 CAFyD., Néstor, Pelao, Nando, Iván, José Ramón,-cinco inicial-,Abel, Víctor, Farra, Anxo eÁlex.

 GOLES

1-0 Minuto 1 Juan
2-0 Minuto 2 Tizón
3-0 Minuto 3 Miguel
4-0 Minuto 10 Dani
5-0 Minuto 29 Lameiro
6-0 Minuto 30 Miguel
7-0 Minuto 34 Jorge
8-0 Minuto 40 Portillo

TARXETAS

Amarillas a Pelao (19’) e José Ramón (28’) do 7 a 9 CAFyD e por parte do Redondela a Dani
(39’).

INCIDENCIAS

125 persoas no Municipal de Redondela

domingo, 13 de octubre de 2013

Crónica Verin fs 2 - Redondela fs 2



EMPATE ANTE UN BO VERÍN FS


O Redondela consegue traer un punto da localidade ourensana de Verín, que visto o acontecido no encontro e sendo fora da casa, pódese considerar positivo. Excelente escenario de xogo, cunha boa entrada nas bancadas, a pesar de que os xogadores comentaban que o firme resbalaba un pouco, circunstancia que quizá condicionou un pouco o xogo de ambos equipos.
A primeira parte foi de moito control por ambos equipos. Defensas altas, pero o campo facía difícil os desprazentos defensivos, posesións largas e poucas ocasións, a máis clara a tería o redondelán Borja, que se plantaba man a man co porteiro Fer que tocaba levemente o balón para que se fora a corner. A falla de tres minutos para o descanso chegaría unha xogada clave, penalti a favor de Verín e expulsión de Borja por agarrar a un contrario, os locais se poñían 1-0 e o peor era que o Redondela se quedaba sen unha rotación.
A segunda parte foi de control redondelán, os locais quizás acusaron o desgaste dos primeiros vinte minutos. Jorge Alonso convertía un penalti para empatar o encontro, pero nada máis sacar de centro, de novo os locais tomarían ventaxa no encontro. Nos últimos dez minutos houbo ocasións nas duas porterías, pero sería Miguel el que anotaría el definitivo 2-2. Destacar o debut de Pablo Lameiro, xogador do filial demostrando que a canteira está moi presente.

Por outro lado o Redondela de provincial caía por 6-1 ante As nosas Ruas. Partido que se adiantou a este fin de semana por petición do equipo rival.

miércoles, 2 de octubre de 2013

Talleres ABC Vigo 4 -Redondela F.S 3



PRIMEIRA DERROTA DO CURSO



O envite era dos reservados como moi complicados, o curriculum e plantilla do Talleres ABC Vigo así o hacía presaxiar. O encontro non defraudou a nadie, o Redondela FS realizou ,se cadra, a meior primeira parte dende fai moito tempo, salvo o último minuto, onde a única chegada dos vigueses foi convertida en gol antes do descanso.

No segundo tempo, os locais decidiron arriscar un pouco máis, e estiraron suas liñas para entorpecer a elaboración dos choqueiros, que xa non se topaban tan cómodos como no primeiro tempo. Jose poría terra de por medio con dous “golazos”, un forte tiro dende a banda case sen ángulo e unha acción técnica co calcaño. Pey co 4-1 deixaría moi de cara a partido para os seus. Pero todos saben que este Redondela nunca se rinde e sacarían forzas para apretar o encontro e chegar ó 4-3 a falta de algo máis de dous minutos. E seguirían intentandoo incluso no último minuto, con Dani coa camisola de porteiro xogador, pero a acción máis clara sería cortada en falta, non habendo tempo para máis.

Moi boas sensacións nestes inicios ligueiros, duas xornadas e os redondeláns han sido quen, de competir cos dous mellores equipos do ano pasado.

PRIMEIRA DERROTA DO CURSO

O Redondela Provincial comenza con bo pe a súa andaina ligueira, venceu por 6-5 ó Playas de Pontevedra, nun partido donde a nota máis destacada foi a igualdade durante os 40 minutos.

lunes, 23 de septiembre de 2013

crónica Redondela FS 5 - Concello de Mos 5










O Redondela FS conseguía sumar un punto no seu primeiro encontro da tempada, ante un dos equipos chamados a estar no zona alta da tabla,o Concello de Mos, que xa a tempada pasada foi subcampeón desta Liga Galega.

O partido gozou de diferentes alternativas. Todo comenzaba moi ben para os locais cando Borja no primeiro minuto de xogo, adiantaba ós seus, pero non quedaría ahí, porque Tizón poñía terra por medio cun 2-0 que máis dun non se creía. A partir de aquí os de Mos comezaron a facerse donos do xogo e xunto coas faltas do equipo redondelán gozarían dun 10 mts. que Siso acertaría a introducir nas redes de Iván, este mesmo xogador puido empatar se non errara outro lanzamento directo. O punto máis negativo chegaría nos últimos dous minutos antes do descanso, tres goles visitantes permitíanlle ir ós vestiarios cunha ventaxa de 2-4.

A segunda metade non podía comezar peor, Siso ós catro minutos deixaba o marcador nun 2-5 que parecía definitivo, pero todo o contrario, e partir de aquí, sobre todo, polo condicionante físico e máis dos folgos que chegaban da bancada, os redondelans foron golpeando unha e outra vez a portería do visitante Jose, ata que cando faltaban seis minutos o marcador era de empate a cinco tantos. De aquí ó final os dous equipos foron merecedores de conseguir algún gol máis, pero xa non se movería o marcador.
Resultado moi positivo, tendo en conta a entidade do rival, e que sempre é importante empezar sumando. Seguinte partido contra outro dos grandes, o campeón do ano pasado Talleres ABC Vigo.

viernes, 30 de agosto de 2013




Venres día 30 a nosa categoria de cadetes comezaran os entrenos de pretemporada a partir das 19.00 horas no Municipal de Redondela.

Sábado a partir das 19.00 horas no Municipal de Redondela a categoría de autonómica disputará o seu segundo partido de pretemporada,esta vez será ante o Bembrive.

1 partido pretemporada do equipo de autonómica

UNHA PRIMEIRA PARTE QUE INVITA Ó OPTIMISMO
Leis 4- Redondela 2

Primeiro encontro amigable desta pretemporada para os redondeláns. Como rival o Leis, equipo que esta tempada volverá a competir na terceira división galega.

Sairon moi fortes os visitantes, quizás no primeiro tempo, notouse físicamente a semana a maiores que levan os de Redondela de traballo. Ainda así serían os pontevedreses cun rebote nun córner os que inaugurarían o marcador. A boa defensa do Redondela e por momentos unha posesión alta do balón, faría que lle deran a volta o marcador para retirarse coa ventaxa de 1-2 o descanso.

A segunda parte sería totalmente distinta, tres minutos desastrosos, faría co Leis, volteara o marcador con tres goles consecutivos e se fixera dono único do encontró, con Raúl Jiménez como maestro de ceremonias.

Ó final 4-2 e moitas conclusións que sacar. O obxectivo principal e dar continuidade o xogo desplegado na primeira parte, e non perder a concentración en ningún momento, xa que os rivais, independentemente da categoría non perdoan.

miércoles, 31 de julio de 2013

Trofeos




PABLO VALLE DEPORTES CAMPEÓN DO
XXXIX MUNDIALITO DA XUNQUEIRA

 O equipo vigués Pablo Valle Deportes, facíase co primeiro posto, despois de vencer na final ó Chusco D´Guay por 4-2. Este sábado poñíase o peche a esta nova edición de fútbol sala con vallas co seguinte cadro dehonra:

 CAMPEÓN
Pablo Valle Deportes
SUBCAMPEÓN
O Chusco D´Guay
TERCEIRO CLASIFICADO
Cafetería O Nordes
CUARTO CLASIFICADO
Rodavigo
EQUIPO MENOS GOLEADO
Pablo Valle Deportes
MÁXIMO GOLEADOR
Rubén Valle Táboas (O Chusco D´Guay)
MELLOR XOGADOR
Mario Paz Bahillo (Pablo Valle Deportes)
DEPORTIVIDADE
O Chusco D´Guay


 Unha vez rematada a final, nunha clausura austera por mor do luto existente na vila, debido ó tráxico accidente ferroviario, pechábase un torneo que destacou polo gran nivel dos participantes, así como por seu bo facer dentro e fora da cancha.

jueves, 18 de julio de 2013

cuartos,semis,3 y 4 y final

XXXIX MUNDIALITO DA XUNQUEIRA


CUARTOS DE FINAL

MAR 23
21.00
I
Caf. O Nordes
Agrocar
4*-3
MAR 23
21.30
J
Rodavigo
Degal S.Marcos
5-0
MAR 23
22.00
K
Opel fimauto
Chusco D´Guay
1-3*
MAR 23
22.30
L
Pablo Valle
Redontur
3-0
*Clasificados a penaltis.
SEMIFINALES

VIE 26
21.00
M
Caf. O Nordes
Chusco d´guay
2-5
VIE 26
22.00
N
Rodavigo
Pablo Valle
1-2

3 Y 4 PUESTO

SAB 27
21.00

caf. O Nordes
Rodavigo
5-3*
*por penaltis
FINAL


SAB 27
22.00

Chusco d´guay
Pablo Valle
2-4

domingo, 14 de julio de 2013

XXXIX MUNDIALITO DA DA XUNQUEIRA 2º fase

f.s.redondela@hotmail.es / @RedondelaFS

XXXIX MUNDIALITO DA DA XUNQUEIRA
2º fase

DIA
HORA
GR.
EQUIPO
EQUIPO
RESUL
15
20.30
E
RODAVIGO
CAF. O NORDES
1-1
15
21.00
E
DRINK TIN
C.C.D. CESANTES
1-1
15
21.30
F
CELTIC LUADA
VIMAR
2-1
15
22.00
F
AGROCAR
DEGAL S.MARCOS
1-3
16
20.30
G
OPEL FIMAUTO
ROYAL PICASSO
4-1
16
21.00
G
CAFETERIA MAPACHE
REDONTUR
0-1
16
21.30
H
PABLO VALLE 
O CHUSCO D´GUAY
2-1
16
22.00
H
MVG 009
DISCOTECA DIVA
2-4
17
20.30
E
RODAVIGO
DRINK TIN
1-1
17
21.00
E
CAF. O NORDES
C.C.D. CESANTES
3-0
17
21.30
F
CELTIC LUADA
AGROCAR
3-4
17
22.00
F
VIMAR
DEGAL S.MARCOS
4-2
18
20.30
G
OPEL FIMAUTO
CAFETERIA MAPACHE
2-1
18
21.00
G
ROYAL PICASSO
REDONTUR
0-0
18
21.30
H
PABLO VALLE 
MVG 009
8-0
18
22.00
H
O CHUSCO D´GUAY
DISCOTECA DIVA
4-2
19
20.30
E
RODAVIGO
C.C.D. CESANTES
8-1
19
21.00
E
CAF. O NORDES
DRINK TIN
3-0
19
21.30
F
CELTIC LUADA
DEGAL S.MARCOS
3-4
19
22.00
F
VIMAR
AGROCAR
1-2
20
20.30
G
OPEL FIMAUTO
REDONTUR
1-1
20
21.00
G
ROYAL PICASSO
CAFETERIA MAPACHE
2-1
20
21.30
H
PABLO VALLE 
DISCOTECA DIVA
3-0
20
22.00
H
O CHUSCO D´GUAY
MVG 009
7-2