lunes, 18 de marzo de 2013

Resultados día 16/03/13


                                           RESULTADOS

CATEGORÍA
LOCAL
VISITANTE
RESULTADO
PREBENXAMÍN A
SALESIANOS B
REDONDELA FS
0-4
BENXAMÍN A
REDONDELA FS
DESCANSA
-
BENXAMÍN B
REDONDELA FS
C. SAN MIGUEL B
2-6
ALEVIN
REDONDELA FS
CIOS VIGO
3-3
LIGA GALLEGA SUR
REDONDELA FS
MONDARIZ
2-1


martes, 12 de marzo de 2013

Crónica San Martiño 3 -Redondela fs 2




DERROTA INXUSTA DO REDONDELA FS



Resultado totalmente inmerecido tendo en conta calquera factor de xogo que se poida avaliar do encontro que enfrentou este sábado o Redondela FS contra o San Martiño de Moaña, salvo o que reflexaba o marcador ó final dos cuarenta minutos, 3-2 para os locais.

O San Martiño entre o minuto sete e dez, conseguiría tres tantos. Estes  goles mais duas ocasións na segunda metade,xunto cun dez metros errado foi  todo o perigo que produxeron neste partido. Esta renda daríalle a postre os tres puntos nun duelo de equipos ameazados polos últimos postos da taboa.

O partido do Redondela  foi perfecto en todos os aspectos, salvo na finalización, onde os choqueiros non tiveron o día e o acabaron pagando. Foron totalmente dominadores da posesión de maneira abraiante, dispuseron dun sinfín de chegadas a porta, incluso co 3-2 permitironse o luxo de desperdiciar tres lanzamentos de 10 mts. Todos os que asistiron de maneira activa ou como espectadores, non daban crédito do que acontecía no Pavillón do Rosal.

Esta derrota pon en serías dificultades a clasificación do Redondela, pero tamén aporta un punto de tranquilidade polo xogo desplegado e o seu dominio sobre o rival.

Agora, despois destes últimos resultados, os dous seguintes encontros a disputar no Municipal de Redondela, ante Mondariz e Crecente táchanse de verdadeiras finais para intentar escapar deses derradeiros postos da clasificación.

Resultados semana 09/03/2013


RESULTADOS DESTA SEMANA


 CATEGORÍA
LOCAL
VISITANTE
RESULTADO
PREBENXAMÍN A
REDONDELA FS
CASA PACO B
2-1
BENXAMÍN A
MONTECASTELO A
REDONDELA FS A
5-3
BENXAMÍN B
LA ENSEÑANZA 1
REDONDELA FS B
6-2
ALEVIN
CASTRO S. MIGUEL
REDONDELA FS
0-2
LIGA GALLEGA SUR
SAN MARTIÑO T. V.
REDONDELA FS
3-2


jueves, 7 de marzo de 2013

cartel XXXII maratón semana santa


Xa está aberto o prazo de inscripción do XXXII MARATÓN SEMANA SANTA.
Para calquera duda: 986 40 40 40 - 617 25 93 14



lunes, 4 de marzo de 2013

Crónica Redondela fs 4 - Cereixa fs 3





O REDONDELA FS VENCE E CONVENCE



Encontro completo o que disputaron os Redondeláns ante un rival da zona alta da taboa como o Cereixa FS, que a pesar de intentar aprazar o partido por falta de efectivos, presentouse no Municipal con nove xogadores, plantou cara e demostrou o porque da sua clasificación.

Como ven sendo habitual, os locais prácticamente na primeira chegada do seu rival, veían como xa se atopaban por debaixo do marcador, pero isto pudo ser determinante, xa que de aquí o final do encontró, o Redondela foi claro dominador de todas as facetas do xogo.
O balón so tiña un dono, a porcentaxe de posesión foi aplastante a favor dos de Redondela, que ademáis disfrutaban de infinidade de ocasións para empatar, ata que Dani conseguía con un tiro exterior facer xustiza no luminoso. Con este resultado chegaríase ó descanso.

O segundo tempo foi un calco do primeiro, os visitantes tamén volveríanse a poñer por diante na sua primeira chegada, iso sí, esta vez coa colaboración de Naka que errou na sua saida e viu como o contrario entraba mansamente ca pelota na portería. Duraría pouco a alegría para o Cereixa, xa que Miguel nunha falta sacada rápida e con picardía, poría tres minutos máis tarde novamente o empate.

Por primeira vez no encontró, Jorge anotaría un tanto que lle daría a victoria momentánea. O encontró era un monólogo redondelán, os visitantes agazapados na sua defensa en vinte metros, lastrados tamén polo seu físico, paraban como ben podían as acometidas do seu rival. O porteiro visitante solidarizábase con Naka para tamén ter un erro nunha saída que facía que Dani puxera o partido en franquicia e dera certa tranquilidade os seus, co cuarto gol a falla de 1:16 para o remate. Pero nada máis sacar de centro, a relaxación fíxolle encaixar un gol o Redondela, que tería un minuto para aguantar e sumar tres puntos importantísimos, como así sería para o definitivo 4-3.