lunes, 4 de marzo de 2013

Crónica Redondela fs 4 - Cereixa fs 3





O REDONDELA FS VENCE E CONVENCE



Encontro completo o que disputaron os Redondeláns ante un rival da zona alta da taboa como o Cereixa FS, que a pesar de intentar aprazar o partido por falta de efectivos, presentouse no Municipal con nove xogadores, plantou cara e demostrou o porque da sua clasificación.

Como ven sendo habitual, os locais prácticamente na primeira chegada do seu rival, veían como xa se atopaban por debaixo do marcador, pero isto pudo ser determinante, xa que de aquí o final do encontró, o Redondela foi claro dominador de todas as facetas do xogo.
O balón so tiña un dono, a porcentaxe de posesión foi aplastante a favor dos de Redondela, que ademáis disfrutaban de infinidade de ocasións para empatar, ata que Dani conseguía con un tiro exterior facer xustiza no luminoso. Con este resultado chegaríase ó descanso.

O segundo tempo foi un calco do primeiro, os visitantes tamén volveríanse a poñer por diante na sua primeira chegada, iso sí, esta vez coa colaboración de Naka que errou na sua saida e viu como o contrario entraba mansamente ca pelota na portería. Duraría pouco a alegría para o Cereixa, xa que Miguel nunha falta sacada rápida e con picardía, poría tres minutos máis tarde novamente o empate.

Por primeira vez no encontró, Jorge anotaría un tanto que lle daría a victoria momentánea. O encontró era un monólogo redondelán, os visitantes agazapados na sua defensa en vinte metros, lastrados tamén polo seu físico, paraban como ben podían as acometidas do seu rival. O porteiro visitante solidarizábase con Naka para tamén ter un erro nunha saída que facía que Dani puxera o partido en franquicia e dera certa tranquilidade os seus, co cuarto gol a falla de 1:16 para o remate. Pero nada máis sacar de centro, a relaxación fíxolle encaixar un gol o Redondela, que tería un minuto para aguantar e sumar tres puntos importantísimos, como así sería para o definitivo 4-3.

No hay comentarios:

Publicar un comentario