DERROTA INXUSTA DO REDONDELA
FS
Resultado totalmente inmerecido
tendo en conta calquera factor de xogo que se poida avaliar do encontro que
enfrentou este sábado o Redondela FS contra o San Martiño de Moaña, salvo o que
reflexaba o marcador ó final dos cuarenta minutos, 3-2 para os locais.
O San Martiño entre o minuto
sete e dez, conseguiría tres tantos. Estes
goles mais duas ocasións na segunda metade,xunto cun dez metros errado
foi todo o perigo que produxeron neste
partido. Esta renda daríalle a postre os tres puntos nun duelo de equipos
ameazados polos últimos postos da taboa.
O partido do Redondela foi perfecto en todos os aspectos, salvo na
finalización, onde os choqueiros non tiveron o día e o acabaron pagando. Foron
totalmente dominadores da posesión de maneira abraiante, dispuseron dun sinfín
de chegadas a porta, incluso co 3-2 permitironse o luxo de desperdiciar tres
lanzamentos de 10 mts. Todos os que asistiron de maneira activa ou como
espectadores, non daban crédito do que acontecía no Pavillón do Rosal.
Esta derrota pon en serías
dificultades a clasificación do Redondela, pero tamén aporta un punto de
tranquilidade polo xogo desplegado e o seu dominio sobre o rival.
Agora, despois destes últimos
resultados, os dous seguintes encontros a disputar no Municipal de Redondela,
ante Mondariz e Crecente táchanse de verdadeiras finais para intentar escapar
deses derradeiros postos da clasificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario