lunes, 6 de mayo de 2013
REDONDELA FS: SUMA E SEGUE…
Ó final, e vendo como marchan os rapaces do Redondela FS, a competición, que remata o fin de semana que ven, se lles vai a quedar curta. Esta última xornada volvían a facer das súas, séptima semana consecutiva sen perder, 19 puntos sobre 21, a súa “víctima”, o Pandiña FS, que non foi quen de por en apretos os choqueiros.
O encontró saiu perfecto, os de Moaña non eran capaces de levar a iniciativa no xogo e tampouco romper a forte defensa do Redondela, estes sen embargo cada vez que dispuñan do esférico aproximaban-se con certo perigo, e sería Manoliño o que conseguería o primeiro tanto. Así rematarían os primeiros vinte minutos.
O segundo tempo foi un calco do primeiro, un Redondela moi serio e disciplinado tácticamente, que non daba opción ó seu rival. Novamente o capitán Manoliño e logo Borja, porían distancia de por medio co 0-3. A falla de cinco minutos paro o final, o Pandiña recortaría a diferencia para chegar o remate do encontró cun inapelable 1-3.
Esta victoria vólvelle a dar ó Redondela FS a mellor clasificación da tempada, sexto clasificado, e o que é mellor, que no derradeiro encontró terá a posibilidade de acceder ó 5º, iso sí, sin depender deles mesmos, xa que terán que esperar unha derrota do Pandiña e eles vencer ó Cafetería Luar, último equipo en pisar o Municipal de Redondela esta liga.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario