lunes, 13 de mayo de 2013

crónica ultimo partido de liga




FIN DE LIGA
 O REDONDELA FS 6º


Como xa avisaramos en datas anteriores, visto o tramo final do Redondela FS, e unha magoa o final da competición. Trala victoria no último partido ante o Cafetería Luar por 4-2, os redondeláns sellaron unha tarxeta nesta segunda volta increíble, rematan sen saber o que é perder dende as últimas oito xornadas, nas que sobre 24 puntos posibles conseguiron 22. Estes números fan que o equipo remate 6º na clasificación e a un punto do 5º.

O partido da última xornada non ten moita historia, a anécdota de ter que xogar no Pavillón de Chapela, e quizá de firmar un dos peores encontros da tempada. Ainda así, foi suficente para conseguir os tres puntos e acabar con ese gran sabor de boca.

O corpo técnico ten preparado ata os primeiros dez días de xunio, traballo semanal al menos de dous días, para intentar manter, o alto ritmo de traballo amosado ata agora.

HOMENAXE A XERACIÓN DO 2000

Ca competición rematada hai preparada algunha que outra sorpresa para aficionados e xogadores. A primeira chegará este xoves. A partir das 21:30 aquel equipo que chegara a militar na extinta 1ªB (Diego, Suepo, Gompi, Manuel Pino, Corella…) naquel momento tamén entrenados por Julio Mougán, disputará un amigable contra actual plantilla do Redondela FS, momento a bo seguro emotivo que servirá para dar as gracias a ambas plantillas e disfrutar da mistura de xeracións.

ASCENSO DA SAR

Dende o noso clube non queremos deixar pasar este momento e felicitar a SAR polo seu merecido ascenso e a boa organización do evento, onde se pon de manifesto a capacidade deste clube. Situacións como esta, non fai senón, que reforzar a preocupación e inquietude polo deporte da vila, tendo como premio a recompensa ó traballo ben feito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario