sábado, 16 de abril de 2011

PROXECTO DEPORTIVO DO CLUBE





 CLUB REDONDELA FUTBOL SALA





METAS DO PROXECTO:

  FORMACIÓN DE XOGADORES PARA O 1º EQUIPO

Está claro que é un dos obxectivos prioritarios deste proxecto. ¿A que clube non lle gustaría formar xogadores dende as categorías inferiores? Xogadores principalmente do noso Concello, sen ter que recorrer a ir a buscar xogadores foráneos, e ter xogadores que despois dun par de anos de pertencer o clube identifíquense con el.

  INTERÉS POLO FÚTBOL SALA REDONDELÁN 
                                                                                          
A través deste proxecto unimos a labor de fomentar o Fútbol Sala en Redondela, dando alternativas a un grupo de nenos  para que practiquen esta modalidade deportiva e non se lembren doutros camiños indesexables. Lembremos que esta entidade ten a obriga de organizar os torneos mais prestixiosos é mais antigos que hai na nosa provincia, falamos do Mundialito da Xunqueira na súa  XXXII edición é o Maratón de Semana Santa no pavillón na súa XXX edición, agás do que o noso Concello estime oportuno a realizar mais torneos.


  ESTRUCTURA  E  ORGANIZACIÓN DUN GRAN CLUBE

Un gran clube non se cingue única é estritamente a ter un equipo en liga nacional. Un clube non consta só de cabeza, senón de  corpo e extremidades, temos que falar dunha estrutura forte e consolidada.


   CONSOLIDACIÓN DO PROXECTO EN TRES ANOS

         Consideremos una primeira etapa de tres anos de adaptación, intentando ollar os froitos  conseguidos ca  primeira promoción infantil

No hay comentarios:

Publicar un comentario