jueves, 27 de enero de 2011

REDONDELA F.S - FLEXGAL/BEMBRIVE F.S






CRÓNICA DO ADESTRADOR



Partido disputado no Pavillón Municipal de Redondela, cunha regular entrada de espectadores na grada.
Outra semana máis o Redondela non consegue sumar os tres puntos, a pesar de facer un partido aceptable.
A falta de gol volve ser a clave dos malos resultados dos Redondeláns.
Os primeiros en adiantarse no marcador foron os visitantes, que despois de aguantar a presión en tres cuartos de pista dos Redondeláns conseguen ir ó descanso cun 0-1 no marcador. Tamén e certo que os árbitros pudieron pitar unha man bastante clara nos últimos segundos da primeira parte que significaba o lanzamento de 9metros.
Na segunda parte os locáis saen ó campo coa mesma estratexia de presión, conseguen levar durante máis tempo o peso do partido conseguindo marcar o empate a un no marcador.
Resultado que non dura moito tempo porque o equipo visitante marca o 1-2 despois dun fallo defensivo por falta de concentración e agresividade.
Dende ahí ata o final do partido foron continuas  as ocasións dos Redondeláns sen conseguir finalizar as xogadas .Nos últimos minutos con porteiro xogador os de Vigo conseguen marcar o definitivo 1-3.
Esta próxima semana temos un partido importante o Sábado en Poio seguido do partido aplazado, dous partidos importantes para subir a moral do equipo e algún posto na táboa.



                                                                                                       

                                                                                                                    Manuel Otero

No hay comentarios:

Publicar un comentario