lunes, 31 de enero de 2011

CRONICA DO ADESTRADOR



POIO F.S – REDONDELA F.S
CRÓNICA DO PARTIDO



Os de Manoliño  comezaban o partido coas ideas bastantes claras do que querían obter deste fin de semana. Despois de varias xornadas con resultados negativos e colocarse na antepenúltima posición da táboa, conseguindo os tres puntos en Poio, un dos rivais directos, poderiamos subir tres ou catro postos e o mesmo tempo subir tamén o ánimo dos xogadores.Tendo en conta que todavía temos un partido aprazado en Gondomar, cabería a posibilidade de subir aínda algún posto máis.         Despois dunha  primeira parte, na miña opinión, máis que boa, cun disciplinado orden defensivo e unha boa circulación de balón en ataque os Redondeláns marchábanse o descanso cun 0-2 a favor no marcador. 
Comenzaba a segunda parte con máis intensidade por parte do Poio, subindo a súa liña de presión ata os tres cuartos de pista, complicando así a saída do balón os de Redondela. Os locáis conseguen meter dous goles moi rápido e desfacer por completo o traballo feito durante toda a primeira parte. Dende ahí ata o final do partido foron continuas as ocasións do Poio conseguindo finalizar con éxito case todas as xogadas, chegando o remate do partido cun 2-8. Penso que foi un resultado bastante abultado que non reflexa o acontecido na pista, os Redondeláns non souberon frenar os ataques do rival e o mesmo tempo eles atravesaban un momento dulce do encontro moi ben acompañado pola sua afición.  

 Manuel Otero.
                                                                                                                                               

No hay comentarios:

Publicar un comentario