domingo, 18 de marzo de 2012
lunes, 12 de marzo de 2012
XXXI Maratón Semana Santa
CLUB REDONDELA FÚTBOL SALA
XXXI MARATÓN SEMANA SANTA
Días 5, 6 e 7 de abril de 2012
Categorías:
- Sénior Masculino.
- Sénior Feminino (mínimo 8 equipos).
Prazo de inscricións: do 15 de marzo ao 3 de abril de 2012, na Cafetería Aifos (Redondela) e na oficina do Club no Pavillón Municipal de Redondela os días de partido.
Sorteo: Celebraráse o día 3 de abril na Cafetería Aifos (Redondela) ás 21.00 h. É obrigatoria a presenza dun representante de cada equipo e as fotocopias dos DNI dos xogadores.
Importe: 120 euros a inscrición e 30 euros de fianza (masculino).
50 euros de inscrición e 20 euros de fianza (feminino).
Premios:
- Campión masculino: Trofeo + equipación deportiva
- Subcampión masculino. Trofeo + material deportivo.
- Tercer e cuarto clasificados masculino: Trofeo
- Deportividade masculino: Trofeo + inscripción gratuita no “Mundialito da Xunqueira”
- Mellor xogador masculino, equipo menos goleado e máximo goleador: Trofeos
- Feminino: Trofeo ós catro primeiros clasificados.
Máximo: 40 equipos.
jueves, 8 de marzo de 2012
Cronica conxunta (03-04/03)
Esta semana os xogadores de Noli conseguían romper coa mala racha de resultados negativos coma visitantes. Desta vez tocaba desprazarse ata Mondariz. A pesar do mal estado do pabellón (sobre todo unha das bandas tiña moita humidade) os xogadores redoneláns conseguían dominar o xogo, e a diferencia doutras semanas finalizar as xogadas en gol. O resultado final foi de 3-5.
Na categoría de provincial tocaba un partido moi complicado,xa que o rival (Pastelería Mimela) como leva amosando toda a temporada, debería estar noutra categoría superior. O partido do sábado foi un dominio constante dos visitantes,que conseguían os tres puntos. O resultado final foi de 2-10. Os tantos locais conseguiaos Dani.
Os xuveniles xogaban o Domingo na casa contra un rival directo (Sabrosos). A pesar do resultado 2-5,o partido foi moi igualado ata os últimos minutos. De feito ata o final da segunta metade o resultado era de 1-2.Un bo partido dos locais ainda que pagaron moi caro os erros.
Os benxamíns xogaban en Reboreda o derbi contra o Arealonga.O resultado final foi de 4-1 con tres goles de Pedro. Un moi bo partido do Redondela que cada semana van amosando unha moi boa melloría.
Os prebenxamíns A xogaban en Vigo contra o Miralba A. Neste partido notabase moito a diferencia de idade entre os nosos pequenos e os do Miralba. Xa que só en corpo case todos nos quitaban unha cabeza. O final o resultado foi de 4-0.
Por outro lado os Prebenxamins B xogaron un partido moi igualado, ainda que o final non pudo ser ( 1-2). Desta vez conseguía a victoria os pequenos do Colexio San Miguel.
domingo, 4 de marzo de 2012
Resultados desta fin de semana (3-4/03)
Autonómica: Mondariz F.S 3 - Redondela F.S 5
Provincial: Redondela F.S 2 - Past.Mimela F.S 10
Xuveniles: Redondela F.S 2 - Sabrosos F.S 5
Benxamins: Redondela F.S 4 - Arealonga 1
Prebenxamins A: Miralba A 4 - Redondela F.S 0
Prebenxamins B: Redondela F.S 1 - C.S.Miguel A 2
miércoles, 29 de febrero de 2012
Cronica conxunta (25/26-02)
Non foi unha semana moi boa para o Fútbol Sala Redondela xa que case todas as suas categorías perderon.
O equipo de autonómica xogaba en Ponteareas contra o Cafeteria Luar,o Redondela afrontaba o partido con moitas ganas de romper coa racha de resultados negativos fora da casa. O partido comezaba co dominio do equipo de Noli e tamén conseguindo os primeiros goles.Durante todo o partido foi por diante no marcador excepto hacia o remate que por erros defensivos complicouse e pasouno mal para conseguir o empate.O resultado final foi de 7-7.
Os xogadores de provincal xogaban contra o Vilporsan, un rival complicado. Ainda que o resultado foi moi elevado, o acontecido na pista non foi tan alarmante, o Redondela deu a cara ata que os locais conseguiron abrir o marcador, e entre a mala sorte de cara o gol e a mala elavoración do xogo rematariase o partido co resultado de 9-2.
Os xuvenis tamén xogaban coma visitantes,esta vez xogaban contra o Nosas Ruas Teis. Un partido que se lle puso de cara moi rápido xa que a diferencia do equipo rival, o Redondela comezaba moi metido no partido. Así foi que os 8 min xa gañaba por 0-4. O resto do partido foi dominado polos redondelans que conseguían incrementar a súa vantaxe. O final o resultado foi de 1-10.
Os benxamíns xogaban contra un rival moi difícil, ademais de ter moitas baixas para afrontar o partido. Ainda asi deron a cara e a pesar de que o resultado foi de 9-2 non foi un partido moi alarmante e os nosos rapaces dan mostras de melloría no xogo.
Nas categorías prebenxamins o Redondela A perdía por 1-0 ,un partido moi bonito no que os cativos xogaron un moi bo partido.por outro lado o Redondela B xogaba un partido moi difícil e o resultado final era de 4-0. Tanto os “A “ coma os “B” están amosando cada semana unha melloria moi boa.
Ánimo a tóda-las categorías, a liga aínda non rematou e teñen que seguir esforzándose o máximo para acadar mellores resultados.
A Directiva.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
