miércoles, 29 de febrero de 2012

Cronica conxunta (25/26-02)


Non foi unha semana moi boa para o Fútbol Sala Redondela xa que case todas as suas categorías perderon.
O equipo de autonómica xogaba en  Ponteareas contra o Cafeteria Luar,o Redondela afrontaba o partido con moitas ganas de romper coa  racha de resultados negativos fora da casa. O partido comezaba co dominio do equipo de Noli e tamén conseguindo os primeiros goles.Durante todo o partido foi por diante no marcador excepto hacia o remate que por erros defensivos complicouse e pasouno mal para conseguir o empate.O resultado final foi de 7-7.
Os xogadores de provincal xogaban contra o Vilporsan, un rival complicado. Ainda que o resultado foi moi elevado, o acontecido na pista non foi tan alarmante, o Redondela deu a cara ata que os locais conseguiron abrir o marcador, e entre a mala sorte de cara o gol e a mala elavoración do xogo rematariase o partido co resultado de 9-2.
Os xuvenis tamén xogaban coma visitantes,esta vez xogaban contra o Nosas Ruas Teis. Un partido que se lle puso de cara moi rápido xa que a diferencia do equipo rival, o Redondela comezaba moi metido no partido. Así foi que os 8 min xa gañaba por 0-4. O resto do partido foi dominado polos redondelans que conseguían incrementar a súa vantaxe. O final o resultado foi de 1-10.
Os benxamíns xogaban contra un rival moi difícil, ademais de ter moitas baixas para afrontar o partido. Ainda asi deron a cara e a pesar de que o resultado foi de 9-2 non foi  un partido moi alarmante e os nosos rapaces dan mostras de melloría no xogo.
Nas categorías prebenxamins o Redondela  A perdía por 1-0 ,un partido moi bonito no que os cativos xogaron un moi bo partido.por outro lado o Redondela B xogaba un partido moi difícil e o resultado final era de 4-0. Tanto os “A “ coma os “B” están amosando cada semana unha melloria moi boa.
Ánimo a tóda-las categorías, a liga aínda non rematou e teñen que seguir esforzándose o máximo para acadar mellores resultados.

A Directiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario