lunes, 27 de febrero de 2012

Resultados desta fin de semana (26 - 25 /02)

Autonómica: Cafeteria Luar 7 - Redondela F.S 7
Provincial: Vilporsan 9 - Redondela F.S 2
Xuvenís: Nosas Ruas Teis 1 - Redondela F.S 10
Benxamíns:SJG Niño Jesús 9 - Redondela F.S 2
Prebenxamíns: Redondela F.S A 0 - Salesianos 1
Prebenxamíns:A VV A Paz 4 - Redondela F.S 0
Estade atentos ás actualizacións tanto do blog coma no facebook, emepzamos xa coa organización para o XXXI Torneo de Semana Santa (72h)

lunes, 13 de febrero de 2012

Resultados desta fin de semana (11-12 /02)


Autonómica: Rodavigo-Mos F.S. 4 - Redondela F.S 1
Provincial: Moañeses Celest. 10 - Redondela F.S 4
Xuveniles: Redondela F.S 1 - ED.DR.Fleming 0
Benxamins: Redondela F.S 0 - Coutada Beade 10
Prebenxamins A: ED.DR.Fleming 1 - Redondela F.S 0
Prebenxamins B: Redondela F.S 3 - Garcia Barbón 1
A nosa máis sincera noraboa os xogadores da Selección Española de Futbol Sala que, unha vez máis, fixéronnos CAMPIÓNS!!

miércoles, 8 de febrero de 2012

CRÓNICA CONXUNTA DESTA FIN DE SEMANA


Crónica da semana do 4 e 5 de febreiro.

Os sénior de autonómica xogaban en Redondela contra o Poio. Os xogadores de Noli volvían a demostrar que coma locais son un equipo moi sólido, e a diferencia da semana pasada as ocasións que tiveron finalizaron en gol. O partido por parte dos locais foi bastante completo e apenas deixaban que os visitantes lle crearan algún problema. O resultado final foi de 3-0.
Por outro lado os de provincial xogaron o domingo contra o Cuntis. Desta vez os redondeláns gañarían por 3-1. A primeira metade non foi moi boa, xa que o partido era un ir e vir dos dous equipos, pero sen moito sentido. Na segunda metade o Redondela mellorou un pouco o seu xogo e conseguiron deixar na casa os tres puntos.
Os xuvenís tocáballe ir o pabellón do Berbés para xogar contra a o Areal Fonte. O partido comezaba mal para o Redondela, xa que ainda que tiña o domino no balón non coseguía finalizar as xogadas. Por sorte na segunda metade daríanlle a volta o marcador e realizando un bo xogo, conseguía gañar o partido por 3-5.
Nas categorías inferiores, tanto os rapaces de Benxamíns coma os de Prebenxamíns A (os Prebenxamíns B non xogaban) non tiveron sorte. Os Benxamíns xogaban na casa do Rosalia de Castro e o resultado foi de 7-2 e os Prebenxamíns A xogaban contra o Lope de Vega  o resultado final foi de 4-0.

domingo, 5 de febrero de 2012

Resultados desta fin de semana

Autonómica: Redondela f.s 3 - Poio f.s 0
Provincial: Redondela f.s 3 - F.S.Cuntis 1
Xuvenís: Areal Fonte 3 - Redondela f.s 5
Benxamíns: Rosalia de Castro 7 - Redondela f.s 2
Prebenxamíns A: Lope de Vega 4 - Redondela f.s A 0
Prebenxamíns B: APLAZADO
 
O gañador do sorteo de descenso en rafting é o socio número 149: Manuel Alonso Rivera.

martes, 31 de enero de 2012

CRÓNICA CONXUNTA DESTA FIN DE SEMANA (28-29 / 01)



 Mala semana para os equipos do Fútbol Sala Redondela, xa que sólo conseguiría a victoria o equipo xuvenil.
O equipo de autonómica visitaba Moaña e xogaba contra o Restaurante Pandiña. O resultado do partido foi de 5-0 a favor dos locais, ainda que o resultado non reflexa o xogado nese partido,xa que o Redondela dispuxo de numerosas ocasións que non foi capaz de materializar, o contrario que o seu rival, que aproveitou as escasas oportuninades que tivo. Tamén hay que destacar  a bo partido do porteiro de Moaña.
Os xogadores de provincial tiveron un duro desprazamento ata Rodeiro, aínda que neste encontro o resultado tamén era moi abultado (9-3 ) o equipo redondelán non xogou un mal partido. E igual que en autonómica non foi capaz de finalizar as ocasións que tivo.
O equipo xuvenil xogaba como local contra o Miralba A. O partido comezaba moi ben xa que o Redondela pronto se adiantaba no marcador e iso facía subir o ánimo dos xogadores, o final da primeira metade gañaban 4-0. Polo contrario, a segunda metade estivo chea de erros defensivos que facía que o seu rival creara moitas dificultades os redondeláns o resultado final foi de 4-2.
Os benxamíns xogaban coma visitantes contra o S.J.Cluny e ainda que perderon 8-5 nótase, cada semana unha moi boa melloria no seu xogo tanto individualmente  como en equipo .
Os mais cativos (prebenxamins) xogaron o xoves e no caso dos “A” tamén o sábado (os “B” xogan martes) os resultados foron todos de 4-0 a favor dos nosos rivais. Pero igual que os benxamíns están mellorando pouco a pouco,(ademais hay que ter en conta que os seus rivais a maioria son prebenxamíns de último ano).
Ánimo que seguro que os bos resultados non han tardar en chegar.


A Directiva.