miércoles, 8 de febrero de 2012

CRÓNICA CONXUNTA DESTA FIN DE SEMANA


Crónica da semana do 4 e 5 de febreiro.

Os sénior de autonómica xogaban en Redondela contra o Poio. Os xogadores de Noli volvían a demostrar que coma locais son un equipo moi sólido, e a diferencia da semana pasada as ocasións que tiveron finalizaron en gol. O partido por parte dos locais foi bastante completo e apenas deixaban que os visitantes lle crearan algún problema. O resultado final foi de 3-0.
Por outro lado os de provincial xogaron o domingo contra o Cuntis. Desta vez os redondeláns gañarían por 3-1. A primeira metade non foi moi boa, xa que o partido era un ir e vir dos dous equipos, pero sen moito sentido. Na segunda metade o Redondela mellorou un pouco o seu xogo e conseguiron deixar na casa os tres puntos.
Os xuvenís tocáballe ir o pabellón do Berbés para xogar contra a o Areal Fonte. O partido comezaba mal para o Redondela, xa que ainda que tiña o domino no balón non coseguía finalizar as xogadas. Por sorte na segunda metade daríanlle a volta o marcador e realizando un bo xogo, conseguía gañar o partido por 3-5.
Nas categorías inferiores, tanto os rapaces de Benxamíns coma os de Prebenxamíns A (os Prebenxamíns B non xogaban) non tiveron sorte. Os Benxamíns xogaban na casa do Rosalia de Castro e o resultado foi de 7-2 e os Prebenxamíns A xogaban contra o Lope de Vega  o resultado final foi de 4-0.

No hay comentarios:

Publicar un comentario