lunes, 3 de junio de 2013

VI CAMPUS MULTIDEPORTE




VOLVE O CAMPUS MULTIDEPORTE A REDONDELA



Despois de cinco anos sen a súa realización, este 2013 serve para retomar este evento que tan bos resultados sempre deu. O 2013 será o ano que vexa renacer a VI edición do Campus Multideporte Redondela 2013.
Como en edicións anteriores, conxúganse diferentes disciplinas deportivas, cun toque mais lúdico e cultural,.para tódolos nenos e nenas de entre 7 e 12 anos. Para esta edición ditas modalidades verán da man do Clube Redondela Fútbol Sala, SAR de Balonmán e o Club Naútico Redondela en natación. A isto hai que engadirlle unha visita do corpo de voluntarios de Protección Civil de Redondela, xornada musical no conservatorio da vila, unha práctica de artes marcíais e a excursión a Illa de San Simón e se espera que tamén o Museo Meirande.
A semana que ven, producirase a presentación oficial no concello, onde se relatará con detalle todo o relacionado co Campus.





No hay comentarios:

Publicar un comentario