viernes, 3 de mayo de 2013

crónica Redondela fs 3 - Abetos fs 2



REDONDELA FS:
16 PUNTOS SOBRE 18 POSIBLES







Gran noticia a que se produciu miercoles no Municipal de Redondela ca victoria dos locais, certificouse matemáticamente a salvación da categoría, eso sí, pendentes de posibles arrastres que traerían consigo, algún descenso mais dos tres estipulados. A traxectoria neste tramo final de competición é simplemente espectacular, seis xornadas consecutivas contadas por victorias, agás un empate, que proporcionan que nestes intres, o Redondela FS, habitar unha zoa tranquila da taboa clasificatoria.

O partido non foi apto para cardiacos, estivo durante os cuarenta minutos bastante igualado, non tanto no dominio do xogo, onde os redondeláns foron moi superiores, pero si no marcador, onde inclusive se tiveron que repoñer a un tanto moi tempraneiro de Abetos.

O gol do triunfo non chegaría ata cando faltaban dous minutos para o final do encontró, Juan cun tiro exterior daba a importante victoria ós seus por 3-2. De aquí ó final a táctica visitante de porteiro xogador tivo en vilo, non só a xogadores e corpo técnico, senón a toda a bancada, que despediu con fortes aplausos ós seus.

A falla de duas xornadas, na mente dos xogadores está ampliar esta racha de resultados, seguinte estación Moaña, o Pandiña FS, equipo da zoa alta con 39 puntos. A cita o sábado as 16:30.

No hay comentarios:

Publicar un comentario