lunes, 18 de marzo de 2013

Crónica Redondela f.s 2 - Mondariz f.s 1


                                                                                                                                  UN 10 MTS. FIXO XUSTIZA PARA A VICTORIA





A falta de vinte segundos, Dani convertía un 10 mts. que lle daría o Redondela tres puntos importantísimos ante o Mondariz.

O partido foi un calco da semana pasada, se ben neste, o equipo visitante so foi capaz de asomarse a portería defendida por Naka, nun par de ocasións, a máis clara a piques de rematar o primeiro tempo, e na segunda, un gol que ven dunha perda na zona de elaboración do equipo redondelano.

Volveron os choqueiros a dominar de principio a fin todo o encontro, pero novamente a mala finalización condeou o bo facer do equipo. Incluso antes do gol definitivo, Juan e Tizón non habían atinado en dous lanzamentos de dobre penalti.

Unha das claves do partido foi só encaixar un tanto, xa que pola dificultade ofensiva que sofre este equipo, a boa defensa faise crucial, e encaixar máis tantos converte a loita polo encontró nunha odisea.

Toma folgos o Redondela, ainda así, conscentes de que todavía a situación e moi complicada.Unha das chaves, e intentar sumar puntos seguidos de tres en tres, é esa regularidade é a que traerá consigo sair deses postos perigosos. Agora hai unha boa oportunidade, xa que o Municipal, volverá de novo a acoller o seguinte partido, o rival será Crecente, un dos equipos que se pode considerar rival directo.
                                                                 

No hay comentarios:

Publicar un comentario