REDONDELA FS REGALA DOUS
PUNTOS
Non puderon comezar peor as
cousas no Municipal de Redondela, ós vinte segundos o Crecente adiantábase no
marcador, e cando se cumpría o segundo minuto poñía terra de por medio cun 0-2. A partir de aquí, empezou a
tónica dos últimos encontros, o monólogo do Redondela, fíxose ca posesión do
esférico e comezou a sumar chegadas para batir a un inspirado porteiro
visitante. Dúas das innumerables ocasións das que dispuseron os locais, Tizón e
Borja serían quen de igualar o encontro, para deixar as cousas como
escomenzaron.
O mellor que lle puido pasar o
equipo visitante foi o sonido da bocina para a retirada os vestuarios, estes
non eran quen de parar as continuas acometidas e desgaste físico ó que lle
estaba sometendo o Redondela.
O inicio do segundo período
máis do mesmo, ocasións erradas de maneira increíble, pero Jorge iluminou os
seus poñendo o 3-2. Sen embargo o que son as cousas, nun rechace e unha xogada
aislada Fon, o mellor dos seus xunto con Laredo na portería, daba un punto o
seu equipo e quitaba dous o Redondela que segue a ver como o xogo e control dos
encontros, non fai xustiza cos resultados, e como consecuencia disto, da
clasificación na táboa.
Agora só cabe pensar nunhas
minivacacións, gañadas moi a pulso polo traballo do día a día e sobre todo
disfrutar do Maratón de Semana Santa, onde todos os componentes do clube están
totalmente involucrados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario