VOLTA A LIGA
Mañán sábado o Redondela FS, volverá a competición, despóis de aceptar o aprazamento proposto polo T.ABC Vigo. O rival segue sen ser o mais idóneo, o Lavadores, pero sempre falando a nivel clasificación (terceiro e a un punto do líder), pois xa o equipo foi capaz de tutear ó líder onde a falta de 6 segundos tiña un punto na mochila.
En palabras do técnico redondelán Julio Mougán “temos agora dous compromisos onde seguimos competindo cos postos altos da táboa, sabemos das dificultades dos mesmos, pero tamén da motivación extra que supón a disputa destes partidos. Sinceramente, o que máis nos preocupa e seguir acumulando sesións de traballo, ese e o noso maior rival, acelerar o proceso de asimilación de todos os contidos que queremos que o equipo posúa.”
A semana pasóu factura a varios xogadores con distintos percances que lles impediron traballar co grupo. Para o encontró de mañán e baixa segura Yago por lesión, e o juvenil Pedro entrou na convocatoria, pero pendente da súa participación se se recuperá totalmente dun proceso gripal.
O encontró será a partir das 17:00 horas no Pavillón Marcote.
O equipo filial de provincial, ó igual cas categorías inferiores, descansarán por mor da festividade do entroido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario