Onte ás 22.00h tiña lugar a final do XXXI Maratón Semana Santa, en primeiro lugar queremos agradecervos a todos/as a vosa presencia un ano máis nesta cita, referencia obrigada na Semana Santa redondelán.
Nesta triséximo primeira edición participaron un número de 19 equipos ,cun total aproximado de 210 rapaces, o Club Redondela Fútbol Sala como organizador do torneo quere agradecer ó Concello de Redondela a súa colaboración.
Os trofeos foron os seguintes:
Campións: Equipo Royal Picasso
Subcampións: Seguros Blanco
Tercer posto: Equipo Modauto
Cuarto posto: Clinica Veterinaria Sta. Mariña
Mellor xogador: Jorge Tizón (Royal Picasso)
Máximo goleador: Manuel Miguez Giráldez (C.V Sta. Mariña)
Menos goleado: Iván Lago (Royal Picasso).
Deportividade: Equipo MVGMG 009
Unha vez máis agradecervos a todos a vosa participación e bo xogo durante todo o torneo, e convidámosvos a XXXII edición o próximo ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario