martes, 17 de enero de 2012

CRÓNICA CONXUNTA DESTA FIN DE SEMANA










Primeira semana de encontros despois do parón de Nadal.

Na categoría autonómica o equipo local conseguiu un valioso resultado despois dun partido moi igualado entre o Redondela f.s. e o Muebles Andrade. Durante todo o partido os dous equipos disporían de numerosas ocasións, pero entre a mala sorte e o acerto dos porteiros a sorte decantaríase polo equipo local, que na segunda metade conseguía o único gol do  partido.
Na categoría de provincial o equipo desprazábase ata “Xeve” con moitos xogadores do equipo xuvenil. Ainda asi os redondeláns comezaba o partido plantándolle cara o seu rival, incluso adiantándose no marcador, o remate da primeira metade o resultado era favorable o equipo local 4-2. No segundo tempo o acerto dos locais faria que o resultado final fora de 9-2.
Os xuvenis xogaban na casa contra o “Sol Invictus”. Non comezaba moi ben o partido xa que os 5 min o equipo local perdíaa por 0-2. Por sorte reaccionaron a tempo e lograron empatar o partido antes do descanso. Na segunda metade, o equipo de Redondela tiña o dominio do balón e só nalgun despiste defensivo lograban incomodar o seu porteiro. O resultado final foi de 7-5.
Nas categorías inferiores, tanto benxamins coma prebenxamins A e  B, notouse moito as vacacións e a falta de adestramento. Isto faria que as tres categorías perderan os partidos. A pesar dos resultados esperamos que os cativos disfrutaran dos partidos e aprenderan un chisco mais.

A Directiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario