Mala semana para os equipos do Fútbol Sala Redondela, xa que sólo conseguiría a victoria o equipo xuvenil.
O equipo de autonómica visitaba Moaña e xogaba contra o Restaurante Pandiña. O resultado do partido foi de 5-0 a favor dos locais, ainda que o resultado non reflexa o xogado nese partido,xa que o Redondela dispuxo de numerosas ocasións que non foi capaz de materializar, o contrario que o seu rival, que aproveitou as escasas oportuninades que tivo. Tamén hay que destacar a bo partido do porteiro de Moaña.
Os xogadores de provincial tiveron un duro desprazamento ata Rodeiro, aínda que neste encontro o resultado tamén era moi abultado (9-3 ) o equipo redondelán non xogou un mal partido. E igual que en autonómica non foi capaz de finalizar as ocasións que tivo.
O equipo xuvenil xogaba como local contra o Miralba A. O partido comezaba moi ben xa que o Redondela pronto se adiantaba no marcador e iso facía subir o ánimo dos xogadores, o final da primeira metade gañaban 4-0. Polo contrario, a segunda metade estivo chea de erros defensivos que facía que o seu rival creara moitas dificultades os redondeláns o resultado final foi de 4-2.
Os benxamíns xogaban coma visitantes contra o S.J.Cluny e ainda que perderon 8-5 nótase, cada semana unha moi boa melloria no seu xogo tanto individualmente como en equipo .
Os mais cativos (prebenxamins) xogaron o xoves e no caso dos “A” tamén o sábado (os “B” xogan martes) os resultados foron todos de 4-0 a favor dos nosos rivais. Pero igual que os benxamíns están mellorando pouco a pouco,(ademais hay que ter en conta que os seus rivais a maioria son prebenxamíns de último ano).
Ánimo que seguro que os bos resultados non han tardar en chegar.
A Directiva.